Noite do martes 22 de Decembro. O meu pai acaba de morrer ao lado meu, no hospital de Burela. A máis acerba angustia tomou posesión de todo o meu ser ata seu máis íntima fibra. Resoou no meu corazón o péndulo da esgazadura . A máis tebrosa tristura encheu o meu ser, a melancolía máis espantosa estranguloume co efluvio da morte. Foi o cénit do sufrimento, a suma congoxa. Suspendeuse o tempo, recrudeceu a aflicción, o meu corazón rompíase nunha agonía sen fin, sen albisco de consolo. A morte do meu proxenitor desfilou na miña retina como o máis cruento caleidoscopio da dor. O abatemento traspasou o limiar do sufrimento.
Lembrei vivamente a súa tenras despedidas bañadas no amoroso timbre da súa voz: – cóidate moito… E nunha viaxe vertixinoso polo túnel da memoria lembrei a velocidade da luz colorista pinceladas da súa deliciosa conversación…díxome que coidase a miña saúde, …Se por un imposible houbese sabido que en pouco tempo ía a abandonar esta val lacrimoso comeríao a bicos e apertas dicíndolle trillóns de veces que o quería con tolemia. Pero ninguén sabe o día nin a hora e o ladrón da morte xa agardaba agazapado dende fai tempo. Velaba armas afiando a gadaña ao compás da máis tétrica sinfonía.
Agora xa era tarde, como escura andoriña, xamais volverá. Os dias do seu paramento, pésames e enterro fixéronseme eternos, o intensísimo dor intentou en van escapar pola vía da ansiedade e o pasadizo da evasión …todo inútil…O tsunami da tristura arrasou a praia do meu corazón.
Os meus mellores amigos, compañeira, nai, filla e netos non despegaron de min…as súas efusivas mostras de afecto anestesiaron por momentos a desquiciante dor..
Obviamente mentres o velábamos, a morte do meu pai copou toda a conversación. Veciños e familiares destacaban por riba de todo o seu gran corazón, sacou a relucir un arsenal de tópicos: a mellor persoa do mundo, un anaco de pan…lle desvivía polos demais …Curiosamente nel fundíase a hipérbole coa realidade. Ao longo deses dous dias desbordoume un alude de amigos e familiares do meu pai a darme o pésame e a confirmar unha gran verdade que sempre souben e intuín, aínda que nunca cunha conciencia tan plena como agora. O meu pai tiña un corazón ávido de amar aos demais e era unha persoa apreciada e respectada na bisbarra .
Todos pensamos que a morte é o noso gran inimigo, pero hai certos estados, en que a morte, pode ser un gran amigo, aínda que realmente, era unha visita que pensaba que chegaría, pero canto mais tarde mellor.
P.D. Papá adícoche esta humilde crónica …No é un adeus, é un ata logo, tereite sempre presente, seguimos unidos polos recordos. Os teus consellos e exemplo son o teu mellor legado. Síntote preto de min.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



