NOTA DE PRENSA
Os populares pídenlle ó alcalde que traballe para axilizar os prazos do corredor Barreiros-San Cibrao.
Asegura o PP que agora o alcalde asiste a reunións “que pouco ou nada lle reportan ó concello”.
Os populares consideran que o BNG está “fóra de si, nervioso”.
O PP de Burela saiu hoxe ó paso das últimas andanzas e críticas lanzadas polo alcalde e por Nieves Cando contra o PP local. Para os populares, as reaccións do bigoberno contra o PP son clara mostra de que o PP acerta na crítica e no seu traballo político, e representan un estado de nerviosismo tal que fai pensar que o vindeiro ano e medio hasta as eleccións municipais será exemplo de desastre de xestión municipal. Cada vez que lanzamos algunha crítica, só se lles ocorre decir que só criticamos, que os deixemos traballar, pero non hai traballo para resolver os problemas que xeneran esas críticas.
No que se refire ás críticas lanzadas no sermón do BNG de fin de semana sobre a guardería, o PP lamenta que o indicado sermón inclúa unha ampla serie de calificativos descalificadores (“demagoxia”, “neglixencia”, “cinismo”, “falacia”, “mentir”, “irresponsabilidade”, entre outros). Pero o que é máis grave é que parten dun grupo político, con Nieves Cando ó frente, que non pode dar ningunha lección de nada, xa que non tivo ningún reparo, por exemplo, en traer no seu día a Burela e por sorpresa á conselleira de Vivenda, a Sra. Táboas, sen avisar de nada ó alcalde, ó Sr. Barcia. Polo tanto, todo ese sermón de críticas que nos lanza o BNG quedan totalmente deslexitimados, sobre de todo cando Nieves Cando ainda non foi capaz de solucionar o asunto dos corenta euros das axudas de principio de curso, e xa vai sendo hora de que o faiga. Tamén vai sendo hora de que vaia pagando os cento vinte mil euros que se deben na Delegación Municipal de Cultura, ou que lles pague ás charangas do Entroido, que ainda non viron un euro, ou asine dunha vez por todas os convenios cos clubes deportivos de Burela.
O que evidencia o sermón de fin de semana do BNG é que Nieves Cando e o BNG en xeral están fóra de si, nerviosos, tentando con grandes esforzos ser goberno pola mañán e oposición pola tarde; como mostra, os insultos adicados por Nieves Cando no último pleno a un concelleiro do noso grupo político. Dóelle ó BNG que a Xunta de Feijoo cumpla con Burela e que se descubran os enganos ós que nos tiña sometidos o BNG. Nós, o único que lle pedimos ó BNG, é que tente gobernar con sentidiño e sen derroches no ano e medio que queda hasta as municipais, porque esa foi a opción que escolleu, xunto co PSOE, ainda sendo perdedores nas eleccións municipais.
No que se refire ó alcalde, parece que o que este home non acaba de entender é que unha das obrigas que tén a oposición é a de criticar o que entende que se fai mal. E no caso dos apagóns do alumiado, os apagóns están ahí, o que demostra que non hai moita planificación das obras. Ademais, as críticas foron manifestadas polos propios veciños. Polo tanto, o alcalde debe un respecto, sobre de todo, hacia os veciños, que pagan para que el cobre a fin de mes, e tamén hacia esas críticas; e cando saiba que se vai producir un corte ou acontecemento similar, avisar ós cidadáns, para que estean informados. Eso é o menos que tén que facer.
Segundo o PP, ultimamente o alcalde acude a moitas reunións, algunha delas por certo sen nada que ver co noso concello, pero el acude porque queda ben con algúns mandamáis do seu partido, que logo tampouco cumplen con Burela, como é o caso do presidente da Deputación.
Falando de reunións, o PP considera que o alcalde equivocouse de reunión cando foi a Ortigueira e logo chegou a Burela afirmando que estaba loitando para que se axilizaran os prazos de execución do vial San Cibrao-Ferrol. En Ortigueira, para preocuparse por ese vial, só estaba o PSOE.. O alcalde non foi a traballar por nada, só foi a unha reunión do PSOE. Pero o que non se lle vé ó alcalde é traballar para demandar do Goberno de Zapatero un compromiso na axilización do vial Barreiros-San Cibrao, que este sí que nos afecta e mui directamente, porque por non saber ainda non sabemos cal vai ser o seu trazado por Burela. E tampouco sabemos cando será a tan prometida reunión co Ministro de Fomento, e hai que ver a cantidade de veces que vén este home a Galicia.
Polo tanto, o que tén que facer este bipartito local é traballar un pouco máis, buscar solucións ós problemas e non crear máis. De non ser polas obras do Plan E, estariamos falando dunha parálise total da actividade municipal.
E, por último, tanto a BNG coma a PSOE, desde o PP esixímoslles que nos expliquen a todos os cidadáns de Burela o grao de consecución dos obxectivos que tiñan fixados para o tempo que levamos de bigoberno. Tamén queremos coñecer os seus compromisos para o ano e medio que resta de mandato municipal, e que vaian decindo cal vai ser o seu comportamento antes e depois das eleccións municipais de Maio de 2011 cos votos que reciban. A cidadanía de Burela tén dereito a saber estas cuestións, porque cos votos dos veciños non se xoga.

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



