Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA O ABANDONO DO BARRIO DE FORXÁN
“Estas situacións esténdense a moitas parroquias que non ven a actuación do goberno municipal por ningunha parte”
Foz, 22 de decembro de 2009.- O BNG quere manifestar publicamente o abandono que está a sufrir o barrio de Forxán, na parroquia de San Martiño por parte do Goberno Municipal, abandono que se produce da mesma maneira noutras parroquias do concello.
Primeiramente, denunciar o estado lamentable desde o punto de vista medio ambiental no que se atopa este lugar. Esta circunstancia, pódese observar no estado de abandono no que está a fonte pública, cuberta de maleza e sen limpar desde varios meses, o que da unha imaxe impropia dun lugar ao que seguen acudindo moitas persoas a recoller as súas augas. No mesmo apartado temos que significar a inexistencia de recollida dos contenedores de lixo que desbordan a súa capacidade, esparexendo o lixo por todo o entorno. Gravísimo é tamén o feito da existencia de varios vertedoiros incontrolados ao longo das pistas. Hai constancia, a simple vista, de alomenos catro vertedoiros que co paso do tempo van aumentando.
En segundo lugar, destacar o mal estado das estradas e das pistas. En varios lugares prodúcense inundacións de terreos e casas habitadas debido á falta de cunetas nas estradas. É significativo este problema na estrada que sube ao Bispo Santo, pero tamén en algunhas pistas de Palmiz. Como consecuencia, son os propios veciños quen desvían as augas facendo sucos provisionais para que a auga non lles inunden as propiedades. Este problema da ausencia de cunetas, xunto coa falta de limpeza das mesmas, tamén leva consigo que as pistas e estradas do Concello acaben deteriorándose de forma rápida pola acción da auga de chuvia sen canalizar.
Estas situacións, que se estenden a outras parroquias do concello de Foz, é debido principalmente ao desinterese ou incapacidade que o Goberno Municipal está demostrando á hora de resolver os problemas que os veciños teñen. A maiores, esta falta de iniciativa política é dobremente grave, porque ao BNG cónstalle que estes problemas foron xa postos en coñecemento da autoridade municipal polas asociacións veciñais, facéndolles pouco ou ningún caso.
Desde o BNG volvemos a reiterarlle ao goberno municipal que a acción principal do mesmo é resolver os problemas da xente e para iso é necesario en primeiro lugar ter vontade política. Por iso, pedimos que estes problemas denunciados sexan resoltos no máis breve prazo posible e cumprir así coas expectativas que dun ente municipal Concello se espera.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



