BURELA (FNC) -. O Concello demándalle á Xunta a construción dunha nova escola infantil en Burela para acoller aos 27 nenos e nenas que na actualidade hai en listaxe de espera. A concelleira de Benestar, Neves Cando, considera que é moi necesaria e urxente a súa posta en marcha.
A edil nacionalista contou que “onte tivo lugar unha reunión do consello de participación da escola infantil de Burela, que é o órgano de coordinación xeral do centro e no que participan representantes do Concello, do Consorcio, das nais e pais e do persoal educativo e de servizos. Neste xuntanza tratamos dous puntos importantes, por un lado, aprobar a nova listaxe de espera de nenos e nenas demandantes de prazas para este curso no que estamos por se houbese calquera baixa, como é preceptivo segundo as normas de funcionamento da escola facelo agora no mes de decembro”. Cando sinalou que “a día de hoxe temos 27 nenos e nenas en listaxe de espera, é dicir que non teñen praza na nosa escola, 15 son de 0 a 1 ano, 6 de 1 a 2 anos e outros 6 de 2 a 3 anos. É pois moi necesaria e urxente, tal e como se ve na evolución do alumnado destas idades nos dous últimos anos, a construcción dunha nova escola infantil para dar acollida a estes máis de 20 nenos e nenas, que previsiblemente sempre quedarán fora do número de prazas que temos agora na escola infantil que son 120. E así llo imos reclamar á Xunta de Galicia”.
Reposición da cuberta
A concelleira de Benestar Social explicou que “na xuntanza tamén abordamos o tema das obras de reposición da cuberta da escola. O xoves da semana pasada estiveron no centro os representantes da empresa que levará adiante ditas obras e o arquitecto do Consorcio responsable delas. Os traballos comezarán o luns día 21 de decembro e desenvolveranse ao longo de tres semanas para ter rematado o 11 de xaneiro. Dada a natureza destas obras que supoñen desmantelar a actual cuberta para substituila por unha nova considerouse prioritario e necesario que non houbese ningún tipo de actividade no edificio polo propio ben e seguridade dos nenos e nenas e por beneficio da empresa constructora que así poderá traballar máis libre e máis rapidamente. Por este motivo acordóuse falar con cada familia en particular para informalos desta situación e ver a posibilidade de suspender a asistencia á escola durante estas tres semanas. Como presidenta do consello de participación que son así informei aos pais representantes e considerouse que esta é a opción máis segura e máis acaida para todos”. Neves Cando subliñou que “as obras son necesarias xa e aproveitando tamén estas semanas de parón na actividade educativa dos outros centros de ensino e que se trata dunhas datas festivas moi especiais poder desenvolver estas obras durante estas tres semanas eliminando a actividade educativa neste edificio é a solución máis axeitada para todos”.
A tamén tenente de alcalde de Burela lembrou que “estas obras de substitución da cuberta foron unha reclamación urxente que desde o Concello lle fixemos ao Consorcio que xestiona a nosa escola infantil, porque o deterioro da cuberta existente era moi notorio e desde a súa construcción hai máis de 10 anos nunca nada se fixera para acabar con este problema que xa existiu desde pouco tempo despois da súa posta en marcha. Os responsables do anterior Consorcio da Xunta de Galicia planificaran esta obra para o verán pasado e así se lles comunicara ás familias para non entorpecer o normal desenvolvemento das actividades da escola, pero co cambio de goberno na Xunta os novos responsables do Consorcio aprazaron o tema porque quixeron encargar un novo proxecto e perdemos polo medio os meses de verán, que eran ideais para facer este tipo de obras. Agora non sen tempo a obra váise levar a cabo e desde o Concello cremos que esta solución da suspensión de actividade no edificio é o mellor que se pode facer polo ben de todos”.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



