NOTA DE PRENSA
O novo Goberno de Galicia pretende a través deste estudo técnico reforzar esta histórica reivindicación dos axentes sociais e políticos da Mariña lucense
BALSEIRO QUERE QUE O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA DEA CONTA DO RESULTADO DO ESTUDIO DE VIABILIDADE SOBRE A APERTURA DO PORTO DE ALCOA
· O deputado popular salienta que estamos ante un paso histórico que permite trasladar o debate sobre a idoneidade desta nova infraestrutura da teoría aos feitos.
A Mariña, 11 de decembro de 2009.- Jose Manuel Balseiro Orol solicitou a comparecencia do Presidente de Portos de Galicia no Parlamento para que explique á Cámara “as conclusións, previsións e contido” do informe de viabilidade sobre a apertura ao tráfico comercial xeral do dique norte de Alcoa. Deste xeito, faise realidade unha das promesas efectuadas polo Partido Popular de Galicia que, tras acceder á responsabilidade de Goberno na Xunta, comprometeuse a impulsar e poñer sobre a mesa un estudo de viabilidade que reforzase esta histórica reivindicación dos axentes sociais e políticos da Mariña lucense.
O estudo técnico “actualizado, amplo e rigoroso” elaborado polo Ente público autonómico servirá como aval nas negociacións que o Goberno central ten que desenvolver co Grupo Alcoa para facer realidade a creación deste novo porto comercial e servirá para reforzar todo o proceso administrativo que debe agora impulsarse. Cando está a piques de rematarse o traballo dos técnicos e especialistas que se encargaron da súa confección, o deputado popular quere coñecer o seu contido que será obxecto de explicación no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia.
Balseiro Orol subliña que grazas a este estudo, dáse un paso histórico nun asunto que, ata o momento, formaba parte do debate político pero que nunca antes tíñase materializado en feitos. Ademais salientou que a incidencia dun novo porto comercial redundará en proveito da nosa comarca e dos seus veciños. “A Xunta xa deu conta da súa vontade favorable para conseguir este obxectivo e incluso asume con recursos propios o estudo técnico. Esto nos diferencia doutras formacións políticas. Todos lembramos as infinitas promesas dos socialistas e dos nacionalistas. O BNG incluso chegou a convocar unha manifestación reclamando este novo porto comercial. Pero o certo e que se demostrou que ningún deles son de fiar, pois nada tiñan feito para facer realidade a apertura do dique norte de Alcoa.”


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



