Sábado continua a programación de Nadal do concello de O Valadouro da man do programa Buxiganga da Deputación. Así ás 20:00 horas no salón de actos do centro socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo de Ferreira, o grupo de teatro afecionado ACHADEGO vai a traernos unha obra clásica dentro dos clasicos: O divino sainete de Manuel Curros Enríquez. Deste xeito, dentro do concello de O Valadouro, preténdese achegar o teatro clásico ós veciños do val. e inicase a programación de Nadal que se vai complementar con máis teatro, concerto, film e actividades e talleres.





















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.



