LUGO .- O pleno da Deputación aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións para potenciar a economía e aumentar a cooperación cos concellos. Tamén unha proposta presentada polo equipo de goberno para instar á Xunta de Galicia a apoiar un proxecto de futuro para a planta de Pascual en Outeiro de Rei. Ambas iniciativas contaron coa abstención do PP.
Nota de Prensa
2ª iniciativa da Deputación para garantir os postos de traballo de Pascual
– O organismo provincial esixe que a Xunta de Galicia apoie o proxecto das cooperativas para garantir a viabilidade da factoría de Outeiro de Rei
– A Deputación aumenta en 2010 o Plan Estratéxico de Subvencións, dotado con preto de 4 millóns de euros, para impulsar a economía da provincia e a cooperación cos Concellos
A Deputación aprobou, coa abstención do Partido Popular, a proposta presentada polo equipo de Goberno para instar á Xunta de Galicia a apoiar un proxecto de futuro para a planta de Pascual en Outeiro de Rei. A postura defendida polo organismo provincial é o proxecto de base cooperativa para a xestión da planta. O Deputado de Gandería, José María Arias, quen actuou de voceiro do equipo de goberno, subliñou que “a Xunta segue agochada e segue sen facer nada por este sector que xera uns 50.000 postos de traballo en Galicia. Seguen coa mesma política dende hai 20 anos, deixando morrer o campo. É o momento de poñer o diñeiro enriba da mesa”.
Esta é a segunda iniciativa que presenta a Deputación para garantir os postos de traballo da fábrica, xa que no mes de outubro, o Pleno provincial debateu outra proposta que, finalmente, obtivo tamén a abstención do PP, e na que se solicitaba á administración autonómica o apoio necesario a esta alternativa.
En decembro un grupo de 5 pequenas cooperativas encabezadas por Arzuana anunciaban a sinatura dun preacordo de aluguer co Grupo Leite Pascual para a xestión da factoría. Ata ese momento, a opción máis recomendada era a presentada polo grupo Feiraco, xa que integraba 24 cooperativas, entre as que se atopaban as máis importantes de Galicia. Deste xeito, quedaba garantido non só a viabilidade e o futuro da fábrica, senón tamén os postos de traballo cun proxecto que permitiría transformar 500 millóns de litros de leite anuais.
A Deputación tamén lle esixe á Consellería de Medio Rural a que suprima a taxa que quere impoñer ós transportistas de gando pola prestación do servizo de limpeza e desinfección de vehículos para o transporte de gando. O novo imposto entrará en vigo o 1 de febreiro, e oscila entre os 11,87 € para o lavado e desinfección dun vehículo de menos de 4 toneladas e os 25,66 € dun “trailer” de 2 pisos cun remolque de dous pisos.
“Non teñen ningunha iniciativa seria para o campo, iso sí, son moi adiantados na creación desta taxa que vai a repercutir nos propios gandeiros. Se tiveramos outros gobernantes isto non pasaría. Estanse rindo dos agricultores”, apuntou Arias.
Plan Estratéxico de Subvencións
O Pleno provincial, coa abstención do PP, deu o visto e prace ó Plan Estratéxico de Subvencións co que a Deputación pretende potenciar a economía da provincia e aumentar a cooperación cos Concellos. Ascende a preto de 14 millóns de euros. Isto supón un incremento de case 700.000 euros con respecto ó ano pasado, é dicir, un 4,6% máis. Este aumento tradúcese nunha maior colaboración coas entidades locais e nunha maior potenciación da economía, da cultura, do turismo, así como da actividade deportiva e social da provincia.
É o terceiro Plan que aproba o actual equipo de goberno. Esta iniciativa supuxo un antes e un despois na xestión do gasto público que se facía na Deputación, xa que por primeira vez, as subvencións están destinadas a todos os Concellos e de todas a cores políticas, seguindo criterios obxectivos e transparenstes, nos que priman os principios de publicidade, concurrencia, obxectividade e igualdade. A anterior Corporación tiña un Plan a varios anos no que no proceso de concesión das axudas non especificaba a cuantía das mesmas nin a que se destinaban.
O Plan recolle a planificación realizada por todas as áreas de goberno co obxectivo de coordinar e apoiar a cobertura das necesidades que teñen as entidades locais. Entre as liñas de axudas figuran 2,3 millóns de euros para o Plan de Comunidades Veciñais e 800.000 para o de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes; e 372.000 euros para o fomento de actividades como feiras, desenvolvidas polos municipios e polas Asociacións da provincia. Asimesmo, inclúe por primeira vez unha liña específica, dotada con 300.000 euros, para a promoción e comercialización de produtos autóctonos.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



