BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela mantivo esta mañá en Lugo un encontro cos técnicos de OTEA que xa teñen listo o avance do plan xeral que en breve lle remitirán á Xunta de Galicia para que o informe. Alfredo Llano anuncia un novo encontro en Burela cos concelleiros, técnicos e representantes veciñais para principios de febreiro.
O rexedor explicou que “estivemos vendo o avance do plan xeral de Burela e está listo para ser informado. Desprazéime a Lugo para ver si era posible analizar a influencia que terá nese documento o plan de ordenación do litoral, e como aínda está sen desenvolver ao 100% tivemos en conta ata onde podíamos chegar para gañar o máximo posible de edificabilidade no noso concello”.
Llano engadiu que “tamén vimos que está contemplado neste avance o acceso ao porto co proxecto que se estima será o definitivo. Considero polo tanto que na segunda ou terceira semana de febreiro faremos unha nova xuntanza cos concelleiros, asociacións de veciños e técnicos de Concello para ver si estamos na súa maioría de acordo co que nos expoñerán e despois mandar ese documento á Xunta para ser informado. Unha vez alí tardarán entre 6 e 7 meses en remitírnolo e despois realizaremos xuntanzas informativas cos veciños polos barrios para que presenten as alegacións que consideran oportunas”.
O alcalde de Burela considera que “o importante é que todo o mundo saiba como se está a desenvolver este plan xeral”






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



