Nota de Prensa
Nota axudas Área Cultura e Deportes Deputación
A Área de Cultura e Deportes da Deputación apoia con preto de 557.000 euros a realización de actividades e investimentos culturais e deportivos na Mariña
Apoiáronse un total de 212 solicitudes de entidades asociativas e 55 presentadas por concellos da comarca
A resolucións destas axudas de carácter competitivo está suxeita a bases transparentes e foi apoiada por tódolos grupos políticos da corporación provincial
A Mariña, 5 de xaneiro de 2010. O Portavoz comarcal do BNG e Delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación, Antonio Veiga, desglosou as axudas de carácter competitivo resoltas recentemente polas áreas da súa responsabilidade, aprobadas de acordo coas bases publicadas e sen ningún voto en contra por parte dos representantes de todos os grupos políticos da Deputación que forman parte da Mesa de Valoración. O número de solicitudes aumentou en 44 en relación ao ano 2008, incrementándose as axudas en 95.253 euros. Antonio Veiga lembrou que na Área de deportes, a Deputación de Lugo é a administración que porcentualmente ofrece maior apoio aos clubs deportivos, cun compromiso que se vai incrementando anualmente dende a chegada do BNG ao goberno da Deputación.
O incremento das solicitudes supón un maior esforzo económico
A área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo aprobou a concesión de 267 axudas cun investimento total de 556.978,30 euros para actividades e investimentos deportivos e culturais destinadas a asociacións e concellos da Mariña o que supuxo un incremento no número de solicitudes en relación ao ano 2008 de 44 e 95.253 euros mais que o ano anterior. “A comarca da Mariña destaca pola vitalidade do mundo asociativo e a área de Cultura e Deportes seguirá apoiando na medida das súas posibilidades as actividades que redunden en beneficio da sociedade”, afirmou Veiga.
En Cultura foron atendidas 156 solicitudes cun investimento de 277.178,30 euros
O portavoz do BNG na Mariña e do GPBNG, desglosou as axudas correspondentes a cultura e deportes, cuantificando o número de axudas para actividades e investimentos culturais nun total de 156 solicitudes atendidas por importe de 277.178,30 euros das cales, 132 foron solicitudes de asociacións cun importe de 218.547,91 euros e 24 corresponderon a concellos cun investimento de 58.630,39 euros.
Para deportes atendéronse 111 solicitudes por 278.000 euros
Na área de deportes foron atendidas un total de 111 solicitudes por importe de 278.800 euros , das cales 80 corresponderon a clubs e asociacións deportivas cun investimento de 199.500 euros e 31 a solicitudes dos concellos cunha dotación económica de 80.300 euros.
Antonio Veiga destacou que todas as solicitudes foron atendidas de acordo coa baremación normativa das bases publicadas, e só un escaso número deberon ser rexeitadas por presentarse fora de prazo ou non corresponderse coas bases publicadas, a proba do sete é que o conxunto dos representantes que forman parte da Mesa de Valoración aprobaron as resolucións”
Ao PP non lle interesa o Museo do Mar e úsao como arma de confrontación política contra o BNG
Veiga aproveitou para responder ás críticas do portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP en relación ao Museo do Mar de San Cibrao, o nacionalista criticou que o PP queira agora que en dous anos se solucione todo o que eles non fixeron en moitos anos, lembrando que “o PP mentres gobernaba dedicouse a facer anuncios sen consistencia e a enturbar as relacións con quen deberían chegar a acordos”. O portavoz nacionalista ademais cualificou de “falsa postura cara a galería” a posición do PP sobre o Museo Sancibrense “,.
“Pouca importancia lle dá o PP ao Museo do Mar cando pon ao Sr. Barcia a defender unha demagóxica moción que ocultaba e falseaba todo o acontecido con dito museo cando o PP gobernaba a Deputación” afirma Veiga, quen ademais engade “Todo o mundo sabe que nos debates dos temas importantes o PP non lle deixa intervir ao Sr. Barcia, xa que neses temas intervén o Sr. Barreiro, polo tanto pouco importante é para o PP o Museo do Mar, só o queren para facer política partidaria”
Antonio Veiga tamén lle recomenda ao Sr. Barcia que deixe de entorpecer a quen está traballando, nesta ocasión con rigor e seriedade (non como fixo o PP) e convídao a pasar polo Museo do Mar canso se realiza algunha actividade, que foron moitas ao longo do ano pasado e continuarán neste. González Barcia é o único deputado mariñán que non asistiu a ningunha actividade do Museo de San Cibrao, demostrando así o nulo compromisos coa institución así como a súa escasa sensibilidade cultural.
Parece mentira que o PP e o Sr. Barcia non saiban ou non queiran ler e interpretar uns orzamentos.
Parece mentira que o PP e particularmente o Sr. Barcia con esa dilatada traxectoria na política local non saiban ler uns orzamentos mais aló do que é a letra gorda. Nese sentido nos estraña que a valoración que fan os colectivos culturais e deportivos da comarca sexa totalmente distinta da que fan os representantes populares.
Veiga afirmou tamén que non buscaba os parabéns de ningunha sigla política, senón da xente da cultura e do deporte da Mariña e neste sentido recoñece que nunca antes recibira tantos parabéns do mundo da cultura e do deporte mariñao. Mesmamente non estaría de mais que o Sr. Barcia explicase se as súas críticas responden a unha posición particular ou a unha posición do conxunto do PP, posto que foron moitos os alcaldes do seu partido que amosaron a súa satisfacción polas obras e investimentos feitos nos seus concellos. En definitiva, as declaracións do Sr. Barcia non pasan da opinión particular de quen o PP lle encomendou exercer de látigo do goberno na Deputación.
O Responsábel comarcal do BNG recordou que o PP como partido no goberno da Xunta, se quere ter lexitimidade na súa crítica o que ten é que dar trigo e deixarse de predicar, aínda que esta prédica non responde a outra intención que tentar agochar a falla de compromiso demostrado por este partido nos orzamentos da Xunta para a Mariña.

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



