NOTA DE PRENSA
As últimas vivendas protexidas de O Torno serán entregadas o vindeiro martes.
José María González Barcia manifestou que ó acto asistirá a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias.
Barcia, “satisfeito de que se peche un proceso de gran transcendencia social que iniciou o PP desde o concello”.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que as seis vivendas de protección de O Torno que quedaban sen entregar, serán entregadas ós seus adxudicatarios o vindeiro martes, día vintesete, pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias.
González Barcia indicou que así se pecha un proceso de gran calado social que foi posible gracias ó compromiso do Partido Popular desde o goberno municipal de Burela. Un proceso que comenzou o Partido Popular desde o goberno municipal de Burela, cando apostou decididamente pola construcción das vivendas de protección de O Torno, co total respaldo da Xunta de Manuel Fraga. E será precisamente unha Xunta do PP, presidida por Núñez Feijoo, quen peche o proceso, facendo entrega das últimas vivendas.
González Barcia mostrouse satisfeito de que se peche un proceso que comenzou o PP desde o Concello, e lembrou que o proceso de adxudicación das primeiras vivendas iniciouse na súa época de alcalde, con total transparencia e obxectividade.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



