Nota de Prensa
AS FOTOS E ANUNCIOS A UN ANO DAS ELECCIÓNS, NON LLE VAN A ASEGURAR A ALCALDÍA AO PP DE CERVO
POLA CONTRA, OS SOCIALISTAS CHEGAREMOS ÁS ELECCIONS COS DEBERES FEITOS, CUN PROXECTO E MOITAS GANAS DE TRABALLAR PARA POÑELO EN PRÁCTICA
CERVO, 22 DE XANEIRO. Dende O GMS de Cervo decidimos responder ao PP ante as súas declaracións onde afirma que estamos “fora de xogo” despois dos últimos proxectos anunciados pola Xunta.
Unha vez analizado o contido das declaracións, da a impresión de que o PP intenta desviar a atención sobre algo que xa calou na sociedade Cervense e que é a ineptitude do alcalde de Cervo para xestionar o noso concello.
Alfonso Villares poderá facer todos os anuncios e fotos que queira de aquí ás eleccións, pero iso non lle vai a asegurar ao PP o aprobado no exame dos cidadáns nas urnas, posto que ser alcalde dun concello implica un traballo e xestión diarios e non de última hora. Pola contra, dende o GMS estamos moi tranquilos posto que os concelleiros chegaremos ás eleccións cos deberes feitos e moitas ganas de traballar para cambiar o rumbo de Cervo.
O único que temos que lamentar da nosa xestión coma grupo municipal e que o equipo de goberno rexeite unha e outra vez as nosas propostas e ideas, polo simple feito de estar na oposición.
Por último e para non decepcionar aos populares de Cervo, temos que dicir que só hai unha cousa que definitivamente sí nos deixaria “noqueados” aos Socialistas e que sería ver ao alcalde de Cervo traballar. Neste senso, ímoslle pedir que faga un esforzo “extraordinario” e realice un seguimento aos prazos comprometidos pola Conselleira de Traballo para o Centro de Día, de maneira que poda ser unha realidade e non un feito virtual, que as obras comecen despois do verán.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



