NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que Burela merecería “moito máis” nos presupostos da Deputación para 2010.
Lamentan a falla de compromiso do “bipartito amigo”.
O PP asegura que desde a Deputación non hai proxectos para Burela.
O PP de Burela afirmou hoxe que Burela merece moito máis do que lle dá a Deputación Provincial, e lamentan a falla de compromiso do bipartito amigo, que se traduce na ausencia de proxectos sólidos para Burela que contribúan a millorar a calidade de vida e asentar postos de traballo.
Para os populares, lonxe quedan 2006 e a primeira metade de 2007, cando a Deputación investiu en Burela seiscentos mil euros, cen millóns das antigas pesetas, en investimentos reais: a ponte nova sobre FEVE na Casilla, a renovación da estrada Burela-San Cibrao desde o cruce con Circunvalación hasta A Marosa, as pistas de tenis da Marosa, ou a reposición total da cuberta da tribuna sur da Marosa, danada por un temporal a principios de 2007. Todo eso, sen contar as obras do Plano de Obras e Servicios, POS, as axudas para pequenas obras de comunidades veciñais e as distintas subvencións a asociacións.
Os populares tamén lembran que as previsións de facer na Puida un parque empresarial de douscentos mil metros cadrados cun investimento de seis millóns de euros, mil millóns das antigas pesetas, a levar a cabo pola Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, que datan da segunda metade de 2006, tamén se deberon ó compromiso do PP tanto desde o Concello coma desde a Deputación.
Agora, só quedan as axudas para o POS, e os vintecatro mil euros para pequenas obras levadas a cabo por colectivos veciñais. E por riba os dous bipartitos anularon a obra do Plano Operativo Local 2006 de saneamento da estrada A Casilla-A Marosa pola marxe dereita, que tiña un presuposto de 120.000’00€, e que agora se fará dentro do POS, pero con aportación do concello, co que a Deputación ainda aforra cartos.
Os populares indicaron que nos presupostos da Deputación para o ano 2010 “só se salva a aportación ó Burela Fútbol-Sala”. Polo demais, indicaron os populares, nada de nada, porque as axudas do INLUDES ó sector pesqueiro suman sete mil euros, e dezaoito mil euros para actividades turísticas.
Para o PP de Burela, precisamente o INLUDES debería facer un esforzo en axudar á flota pesqueira na situación de crise na que se atopa, pero nada hai nos presuspostos para este asunto. Tanto falar da pesca, tanto defender a pesca como sector estratéxico para logo decir que a Deputación non tén competencias no asunto. Disculpas de mal pagador.
No que se refire a SUPLUSA, é lamentable que en dous anos e medio non se fixera practicamente nada para sacar adiante o parque empresarial, e eso que as previsións xa veñen da segunda metade de 2006, cando o PP gobernaba a Diputación e o concello.
Para os populares, o balance destes dous anos e medio de “bipartito amigo” na Deputación é máis pobre e escaso en relación con Burela, como pobre e escaso é o seu compromiso reflexado nos presupostos para 2010 co noso concello. Tanto é así, que a gran axuda que ía dar a Deputación para a reposición da tribuna da Marosa afectada polo temporal quedou reducida a 4.500’00€.
En definitiva, o “bipartito amigo” da Deputación non lle aporta nada a Burela xestionado polo bipartito burelés, porque ou ben Burela non lle importa ó “bipartito amigo provincial”, ou ben o bipartito burelés é bon amigo porque nada pide. E ainda cabe unha terceira posibilidade, e é que se dean as dúas anteriores ó mesmo tempo.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



