Non é miña a frase, pero podería selo, pois opino de igual maneira, quen a dixo foi o profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas autor do libro ´55 mentiras sobre a lingua galega´ que tamén engadiu: “É falaz invocar o bilingüismo para non querer falar unha das linguas oficiais e querer elixir para non ter contacto co galego porque mancha”
Galicia era o pais onde mais se falaba o seu idioma, onde mais xente o entendía, comparando con as outras dúas comunidades históricas, en Euskadi non chegaba a o 20% os que entendían o seu idioma e en Cataluña era de un 70% Galicia subía ata preto do 90%, claro que, xa o levo explicado moitas veces, o caso catalán e moi diferente o noso, alí quen conservou e potenciou a súa fala e a súa cultura foi a burguesía, debido á masiva emigración dende primeiros do século XX eran os de fora o 30% quen non entendía o catalán.
Aquí , moi o contrario, quen gardou a fala foi o “lumpen campesiño” e as crases mais humildes quen falaban galego, os señoritos falaban castelán a o igual que os curas, a garda civil, o alcalde, o xuíz, o medico, notario…….pero si entendían o galego, que remedio, o campesiño, que era quen traballaba e pagaba os impostos solo falaba aquel idioma.
Chegou a Democracia burguesa, despois a autonomía e puxeron a un presidente que fora galeguista de dereitas, incluso fora a Rusia a matar roxos na división azul, pero el era galeguista e médico socio doutro galeguista e medico que tamen tomou mando en praza: Delegado do Goberno en Galicia e presidente da Academia Galega, por ali pasou tamén xente como o meu amigo Alvarez Pousa e outros e empezaron a cambiar as cousas, dábanse crases de galego, despois algunha asignatura mais pero gardando sempre de que a lingua castelá non fora menos do 50% do ensino.
Cagabandurrias hóuboos sempre, en todo lugar e momento histórico, e aquí tamén, eran eses de sempre que QUERÍAN SER GALEGOS DE MADRID, pero entón quedou un de eses a gobernar e entón chegou o comandante e mandou parar.
Armouse a de “deusencristo” e un monicreque con complexo de inferioridade idiomático e sexual, disque, colleu o mando e sacou dos seus escasos miolos un decreto que di que agora temos que darlle a mesma importancia ao idioma dos anglosaxóns que a nosa lingua e o castelán.
E un, que xa vai para xubilado, que cada dia ten menos pelo e a barba mais branca e que ten as témporas peladas de tanto aguantar “Invencibles e escuros” esta tamén ata a punta do fociño, e iso que o teño prominente, de escoitar aquelo de que o galego non é útil, que non vale para nada, que está ben para falar na casa pero non para dar clase de Física ou para saír fóra de Galicia…
E isto e “mentira cochina” Aquí, hai moita xente -médicos, enfermeiras…- que traballa en Portugal. Por que? Porque levan xa o idioma aprendido, e non collen salmantinos ou estremeños. En Petrobras, en Brasil, hai moitos enxeñeiros galegos. Iso de que non vale para nada… ‘É que non é internacional’. Tampouco é o español: deixémonos de historias, a lingua científica e técnica é o inglés. Un holandés ten que renunciar á súa lingua, ou un danés, porque só a falan catro millóns de persoas?
Otero Regal


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



