CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, non quixo entrar a discutir si existía ou non un compromiso en firme da Deputación para a compra destes terreos, aínda que retou ao representante do BNG na corporación a que desmentira “si se atreve” a existencia dun acordo plenario promovido por el mesmo mediante o cal se solicitaba da Deputación a adquisición destes terreos para ampliar o Museo do Mar.
Nota de Prensa
VILLARES PIDELLE AO VOCEIRO DO BNG NO CONCELLO RESPETO PARA OS VECIÑOS DE CERVO
Cervo, 12 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, rexeitou hoxe as acusacións do voceiro nacionalista na corporación municipal “e suposto asesor da área de Cultura na Deputación de Lugo” nas que o acusaba de “terse inventado” o compromiso da Deputación para ampliar as instalacións do Museo Provincial do Mar de San Ciprián.
Villares non quixo entrar a discutir si existía ou non un compromiso en firme da Deputación para a compra destes terreos, aínda que retou ao representante do BNG na corporación a que desmentira “si se atreve” a existencia dun acordo plenario promovido por el mesmo mediante o cal se solicitaba da Deputación a adquisición destes terreos para ampliar o Museo do Mar. “O único que esixo é que este señor e o partido político que o sustenta se deixen de cinismos; que sexan coerentes e cumpran co que reivindicaban, promovían e axitaban diante da opinión pública cando no tiñan ningunha responsabilidade de Goberno”.
O alcalde recomendou tamén “máis educación” ao asesor na Deputación e voceiro do BNG local “porque as súas manifestacións son unha falta de respecto aos veciños de Cervo e transmiten unha absoluta falta de saber estar no cargo que desempeña”. Villares asegurou que a única pretensión do nacionalista é lanzar unha cortina de fume contra da súa persoa para tentar eludir “o evidente: que nos orzamentos da Deputación non está previsto investir ningún carto na ampliación do Museo do Mar. De non ser certo o que digo este señor xa tería desmentido tal cousa, pero como non pode facelo o que lle queda é tentar desviar a atención da xente mediante acusacións cínicas e balbordos baleiros de contido” indicou o alcalde.
“O único que lle pido aos voceiros dos grupos municipais na corporación local é que sexan consecuentes cos discursos, iniciativas e acordos que promoven cando están facendo de oposición en Cervo, porque cando chegan a Lugo a desenvolver tarefas de responsabilidade no Goberno provincial parece que se esquecen do que pregoan aquí” dixo Villares. Asegurou tamén que “de palabras carentes de feitos tanxibles procedentes da Deputación xa estamos fartos en Cervo” e esixiu do organismo provincial “vontade verdadeira” para garantir a ampliación do Museo do Mar, “porque do contrario, dubido que os veciños de Cervo, e de San Ciprián en particular, podan entender cales son as razóns que moven a estes señores a non formalizan dunha vez por todas o compromiso de compra destes terreos e adicalos así á ampliación e á posta en valor dunha institución creada polo pobo de San Ciprián que forma parte do patrimonio non só de Cervo, se non tamén de tódalas xentes do mar da provincia de Lugo” asegurou.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



