A MARIÑA .- A plataforma Queremos Galego convocou á comunidade educativa para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego e chama á folga o dia 21 ao estudantado e ao profesorado da Mariña en defensa do galego.
Nota de Prensa
A Plataforma cidadá sacará autobuses da Mariña para acudir a manifestación en Compostela.
Queremos Galego chama á folga o dia 21 ao estudantado e ao profesorado da Mariña en defensa do galego
A plataforma Queremos Galego convocou á comunidade educativa para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego. A agresión é histórica, sen dúbida a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na resposta social.
Neste sentido as organizacións vinculadas ao eido educativo (sindicatos, organizacións do estudantado e ANPAS) que integramos a Plataforma Queremos Galego na Mariña facemos un chamamento ao profesorado e ao estudantado a que secunden a folda xeral no ensino do vindeiro dia 21, a fin de demandar do Goberno Galego que remate cunha política que pretente eliminar ao galego da vida social e educativa de Galiza. Xa que logo, demandamos do conxunto do estudantado e do profesorado dos centros da Comarca que se sumen á folga do dia 21, como xeito de obrigar a este goberno a que paralice a súa política lingüícida.
Asemade queremos indicar que ese mesmo día saírán de todas as localidades da comarca autobuses para acudir a manifestación que se celebrará en Compostela ás 11:30 da mañá, tendo, aqueles que queiran acudir, que anotarse no telefone 649-63-19-03 ou 982129593.
Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias, nin do profesorado nin do estudantado; por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura. Só lle faltou facelo de noite e no medio dunha fraga perdida.
Co seu característico discurso cínico, Alberto Núñez Feijóo bautizou o disparate como “decreto do plurilingüísmo”, cando a realidade é que con esta proposta non se poden mellorar as competencias comunicativas de ningún dos tres idiomas indicados.
A propaganda sobre a aprendizaxe do inglés é unha burla tremenda, porque se vende un suposto “trilingüísmo” que, á marxe doutras consideracións, é imposíbel de aplicar en case toda Galiza. Así o recoñece a disposición transitoria primeira deste decreto, que sinala que mentres non haxa profesorado capacitado para dar aulas nesta lingua foránea, iso non se fará. Esa disposición adicional acaba anulando todo o dito no resto do articulado. Coas falacias sobre o inglés o que tentan é confundir á opinión pública e camuflar esta navallada contra o idioma de Galiza.
No caso do castelán e do galego, é obriga do Goberno garantir que os estudantes finalicen cada etapa educativa con competencias nas dúas linguas oficiais. No entanto, iso non se está a conseguir para o idioma propio, tal e como o corroboran estudos e informes realizados polo Consello Escolar de Galiza, o Instituto Nacional de Estatística, o Consello da Cultura Galega ou a Real Academia Galega.
O último censo de poboación e vivendas sinalaba que un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego. A Xunta, en lugar de axudar a resolver este gravísimo problema, profúndao e crea outros novos. Como se pode entender que, ante esta situación, o que se propoña sexa xusto reducir a presenza da lingua propia no horario escolar?
O outro eixo da propaganda deste decreto é que disque ofrece a “liberdade” dos pais para escolleren que materias se impartirán en que linguas a través de consultas. Así, a Xunta fai deixadez das súas funcións, trasladando as súas responsabilidades ás comunidades educativas, abrindo unha fonte de enormes conflitos mesmo entre familias.
Mais se non nos guiamos pola cínica grandilocuencia da Xunta e imos ao texto do decreto veremos en que consiste iso en realidade. En educación infantil, disque a maioría decidirá a lingua vehicular e non se sabe que é o que pasará coas familias que saian perdedoras desa votación. Ademais, as consultas ás nais, aos pais ou aos titores serán cada catro anos, de forma que un opina sobre a educación dos fillos dos demais e viceversa. Un auténtico disparate.
Fronte á imposición unilateral de Núñez Feijóo, desde a comunidade educativa reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a federación de ANPAs públicas, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento. Se non o lembra, lembrarémosllo o 21 de xaneiro.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



