RIBADEO (FNC) .- O venres día 22 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo celébrase un concerto solidario que ten como obxectivo recadar fondos para axudar ás vítimas do sismo acontecido en Haití. O acto está organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música (entidade promotora da Banda Municipal de Ribadeo), a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo. No concerto actuarán diferentes formacións de alumnas e alumnos da EMMeD de Ribadeo así coma de profesoras e profesores do centro. Grupos de metais, piano, guitarras, clarinetes ou frautas así como unha representación das alumnas de danza serán protagonistas desta noite de solidariedade musical.
Segundo a organización “o obxectivo principal deste evento é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que dende a organización se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses para respaldar coa súa presenza o apoio, dende a distancia, da vila de Ribadeo ao pobo haitiano. Para elo todo canto se recade coa venda de entradas, a un prezo de 5 euros, será doado á Cruz Vermella, entidade que vai traballar na reconstrución do país así como na axuda, tanto médica como psicolóxica, ás vítimas da catástrofe natural. Aquelas persoas que non podan asistir ao concerto pero que desexen colaborar con esta iniciativa teñen ao seu dispor unha FILA CERO no Banco Pastor, no número de conta 0072 0207 11 0000104948, que estará aberta até o vindeiro venres día 29”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.



