NOTA DE PRENSA
O deputado socialista intenta xustificar a súa mala conciencia ao desbotar unha iniciativa que redundará en beneficio da Mariña
BALSEIRO PÍDELLE A REGO QUE NON SE ESCUDE NA FALTA DE TALANTE E RECOÑEZA O ERRO COMETIDO POLO PSOE AO NON APOIAR A RECUPERACIÓN DO PROXECTO DE CREACIÓN DO CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA
* A emenda socialista pretendía dúas actuacións “imposibles”:
1. Consignar fondos para un proxecto que non existe, tras ser anulado polo Executivo autonómico bipartito
2. Que o cinto industrial de Alcoa o levara adiante a empresa pública Xestur, cando se trata dun proxecto que desenvolver outra distinta: Solo Empresarial do Atlántico participada polo Goberno central (85%) e pola Xunta (15%)
A Mariña lucense, 12 de febreiro de 2010.- Despois de insistir na importancia e no avance que representa o acordo parlamentario polo que a Cámara galega insta á Xunta de Galicia á retomar o proxecto de creación do cinto industrial no contorno de Alcoa, que o bipartito deixou sen efecto na pasada lexislatura, o deputado popular Jose Manuel Balseiro nega que a imposibilidade de chegar a un acordo con PSOE e BNG ao respecto desta petición se deba a unha cuestión de “falta de talante” como pretendeu facer ver o deputado socialista Ismael Rego no día de onte
O parlamentario mariñán do Partido Popular amosa a súa sorpresa pola interpretación feita polo socialista Rego, “sobre todo tendo en conta que un deputado veterano como é el debera saber que non é legalmente procedente, apoiar unha emenda nos termos nos que se establecía a proposta socialista”. O PSOE pretendía non só que a Xunta actual destinase consignación orzamentaria para a creación do cinto industrial senón tamén que esta formara parte das previsións da empresa pública autonómica Xestur, encargada da promoción dos parques industriais.
Ambas son peticións “inasumibles e imposibles” xa que Ismael Rego debera saber que non é posible consignar orzamento algún para un proxecto que non existe a día de hoxe, xa que o bipartito anulou e deixou sen efecto a creación do cinto industrial de Alcoa, por acordo do Consello da Xunta en xullo de 2008
Pero o que é aínda máis absurdo, o PSOE non pode pretender de ningún xeito que esta actuación a leve adiante Xestur, cando se trata dun proxecto que impulsou ata a súa anulación outra sociedade distinta, Solo Empresarial do Atlántico (SEA) que ten un carácter mixto ao estar participada nun 85% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e nun 15% pola propia Xunta de Galicia.
En resume, o deputado popular agocha baixo unha pretendida escusa de “falta de talante para chegar ao consenso” o que en realidade é unha equivocación de dimensións importantes dos socialistas á hora de elaborar a súa emenda, mostra do descoñecemento que no PSOE teñen sobre este proxecto –a creación do cinto industria- e da falta de interese do Ismael Rego polas iniciativas que poden redundar en beneficio da Mariña. En opinión de Balseiro o deputado socialista intenta xustificar, coas súas escusas, a súa mala conciencia ao desbotar unha iniciativa que redundará en beneficio da Mariña e que saíu adiante cos únicos votos a favor do Partido Popular.
Balseiro finalmente subliña que, “se tan interesante ve o proxecto de creación deste cinto industrial non se explica como é posible que, cando o Goberno bipartito o deixou sen efecto, o socialista Rego non dixera nada, nin establecera as iniciativas necesarias para corrixir esta nefasta decisión da anterior Xunta que agora se pretende mudar”




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



