NOTA DE PRENSA
Para a deputada popular Emma Álvarez Chao a finalidade será constituír explotacións forestais economicamente viables e sostibles ambiental e socialmente
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, CREAR UNHA FIGURA AGRUPATIVA DE PROPIETARIOS FORESTAIS NO PRIMEIRO CUADRIMESTRE DO PRESENTE ANO
* Tamén se aprobou analizar a operatividade administrativa, xurídica e técnica da figura da Unidade de Xestión Forestal, co fin de detectar as eivas deste modelo de ordenación do monte
* A Proposición non de Lei tamén recolle que, a pesar de non haber ningunha UXFOR solicitada segundo a normativa específica, facilitar a aquelas iniciativas comezadas a súa reorientación, en caso de que as correccións indicadas o fagan necesario
* Defende priorizar as ordes de axuda existentes en materia de prevención de incendios forestais e de xestión forestal, de xeito que poidan beneficiarse as agrupacións e as asociacións forestais ou as UXFOR debidamente constituídas
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2010.- O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdG na que insta á Xunta de Galicia a crear, no primeiro cuadrimestre de 2010, unha figura agrupativa de propietarios forestais co fin de constituír explotacións forestais economicamente viables e sostibles ambiental e socialmente. Na Proposición non de Lei tamén inclúe facer unha labor informativa para divulgar e fomentar a creación destas novas agrupacións entre os propietarios forestais ou asociacións de propietarios.
A deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao defendeu a necesidade de fórmulas que permitan a agrupación da propiedade forestal que permitan facer unha xestión conxunta do monte con plans razoables e sostibles. “Se ben somos partidarios destas agrupacións somos da opinión de que as UXFOR, tal e como están decretadas a día de hoxe, non son as figuras máis axeitadas, motivos como o carácter intervencionista ou a natureza administrativa da figura cunha excesiva ambigüidade legal en cuestións procedimentais, móstrannos que non dan as garantías xurídicas necesarias” indicou a deputada popular.
Tamén defendeu na súa iniciativa que a Xunta analice a operatividade administrativa, xurídica e técnica da figura da Unidade de Xestión Forestal co fin de detectar as eivas deste modelo de ordenación do monte. Así mesmo se pediu adecuar, en caso necesario, a normativa de aplicación, de xeito que poida ser corrixida, permitindo dotar de eficacia a esta figura, de acordo cos obxectivos establecidos na Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Na iniciativa do Grupo Popular se aprobou que, a pesar de non haber ningunha UXFOR solicitada de acordo co establecido na súa normativa específica a día de hoxe, facilitar a aquelas iniciativas comezadas a súa orientación, en caso de que as correccións indicadas o fagan necesario. Tamén se demandou priorizar as ordes de axuda existentes en materia de prevención de incendios forestais e de xestión forestal, de xeito que poidan beneficiarse as agrupacións e as asociacións forestais ou as UXFOR debidamente constituídas.
A deputada popular Emma Álvarez indicou que a superficie do monte en Galicia, que ocupa sobre dous millóns de hectáreas das que o 2/3 son de propiedade privada, fai necesaria unha xestión conxunta con fórmulas de agrupación da propiedade forestal para facer plans rendibles. “O desenvolvemento rural da nosa Comunidade pasa ineludiblemente polo compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de vista socioeconómico e ambiental e necesitamos modelos que nos permitan sacar o noso monte do atranco no que se atopa, modelos sólidos e viables que nos permitan avanzar de forma coherente para que nun futuro non haxa volta atrás” segundo indicou a deputada popular.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



