FOZ .- A Mariña conta cunha nova axencia de viaxes, Oro Viajes, situada en Foz, que se adapta aos novos tempos de crise, achegando a posibilidade de gozar de vacacións con poucos cartos, según asegura. Oro Viajes, explica, é un club de viaxes no que os seus membros, gozan de prezo de maiorista en paquetes turísticos, cruceiros, reserva de hoteis e aluguer de vehículos. Chegando ata descontos do 70%.
“Traballamos coas compañías máis prestixiosas do mundo do turismo, ofrecendo así garantía, calidade e seguridade nos seus viaxes. En “Oro Viajes” non existe restricións de tempada, de destino mundial nin de reservas. Soamente debe de preocuparse de COMO, CANDO e CON QUEN viaxa”
En “Oro Viajes” os membros do Club, entre outras vantaxes …
* A primeira, que é indiscutible son os prezos, que como mínimo son de maiorista.
* Terá un axente de reservas personalizado ó longo de cada unha das súas reservas, o cal o informará e asesorará con todo detalle a calquera destino do mundo, facendo que as súas vacacións se axusten ó seu gusto e necesidade.
¿Quen somos?
* Dividi Travel, S.L. é un Tour operadora Maiorista – Minorista.
* Constituído co titulo de licencia outorgado pola Consellería de Turismo IC104.
* Atendemos a clientes procedentes de Alemaña, Suíza e Países Baixos, que veñen das nosas antenas en ditos países.
* Representamos ademais a un grupo de 700 axencias de viaxes de España ás que lles ofrecemos aloxamento e outros servizos turísticos no mundo enteiro. O que nos permite ofrecer prezos moi competitivos.
Para máis información acerca de como asociarse ó Club:
Mail: lugo1@oroviajes.com
Teléfono: 619 428 161
Benvido ó Clube “Oro Viajes”
www.oroviajes.com





















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



