NOTA DE PRENSA
César Aja: “Que o xulgado arquive toda as causas abertas contra nós sen a celebración dun só xuizo deixa claro que todas as acusacións eran falsas”
* O Presidente dos populares de Viveiro agradeceu o respaldo que en todo “este calvario” recibiron do PP a nivel provincial e autonómico e criticou con dureza “ós que optan por xudicializar a política municipal”
Lugo, a 15 de febreiro de 2010.- O Presidente do Partido Popular de Viveiro Cesar Aja comparecen hoxe para valorar positivamente a decisión do xulgado de Viveiro e do Tribunal Supremo de arquivar todas as causas abertas contra el e os membros do seu equipo de goberno por diversas causas e nas que o acusaban, entre outros delitos, de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias.
Aja, que estivo acompañado polo Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro, o secretario xeral dos populares lucenses e por varios dos concelleiros incluidos nas causas, suliñou que nestes seis anos de “calvario” non se celebrou nin un só xuizo polas diferentes dilixencias abertas polo xulgado a instancias da fiscalía e “que todas se foron arquivando durante a tramitación das dilixencias previas”.
Laiouse asimesmo de que non se aplicara con eles a presunción de inocencia e que o fiscal dera credibilidade as acusacións feitas contra el e os seus compañeiros e decidira imputados sin sequera citalos a declarar coma testigos para que puideran dar a súa versión dos feitos e aportar documentación na súa defensa. “Tivemos que demostrar nos que eramos inocentes”, apuntillou. Criticou tamén que “algúns representantes políticos empreguen a mala práctica de xudicializar a política municipal” que, segundo a súa opinión, “só serve para promover enfrontamentos e dilapidar os fondos públicos”.
Cesar Aja lembrou que este asunto remóntase a xaneiro de 2004 cando o daquela grupo de goberno de Viveiro, conformado por socialistas e nacionalistas, levaron a pleno unha moción na que daban conta á Fiscalía dunhas presuntas anomalías na adquisición duns terreos por parte do Concello durante a súa etapa como alcalde. “Xa naquel intre dende o PP de Viveiro opuxémonos a adopción desa medida ó considearr que non era a fórmula máis axeitada”, indicou.
A raiz desa denuncia do bigoberno municipal o fiscal abriu 15 dilixencias, das que xa na primeira fase sete quedaron desestimadas. As outras oitos foron, segundo explicaron os populares, paulatinamente arquivadas, “o que”, segundo Aja, “danos a razón no que nós mantíñamos dende o principio, que non había ningún delito penal e que as acusacións que se nos facían eran falsas”.
Das oito que continuaron adiante, catro estaban no Xulgado número 1 de Viveiro. Unha delas ía directamente contra Cesar Aja, na que o acusaban de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias pola presunta contratación ilegal de 78 persoas; outra contra Aja e dez concelleiros populares máis pola compra do cargadero de mineral de A Insua na que os acuaban prevaricación, malversación de caudais públicos e falsedade de documentos públicos.
A terceira, pola compra do pazo da Misericordia, abriuse contra Aja e Joaquín Gayoso, así coma contra os concelleiros que votaran en pleno a favor da adquisición deste inmoble, e acusábamos dos delitos de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias. Unha cuarta causa, sin destinatario concreto, referíase á realización de obras con fondos do concello en presuntas casas particulares.
No xulgado número 2 de Viveiro había outras catro causas, que tamén como as anteriores foron arquivadas o non detectarse ningún delito. Tratábase en concreto da hipotética adquisición e conumo de marisco por parte de Cesar Aja, que acabou incluso no Tribunal de Contas; outra polo cobro indebido de dietas; unha tercera polo pago de varias facturas de diferente índole (equiparación salariais, gratificacións e nombramentos de funcionarios, pago de dietas, etc) e outra, na que se imputaba a Aja e un contratista pola realización de obras en propiedades privadas e facturas falsas. Neste caso deuse a circunstancia de que unha das obras foroa encargada polos propios denunciantes.
O Presidente dos populares de Viveiro e os daquela compañeiros de goberno agradeceron o apoio que en todo momento recibiron dos responsables do Partido Popular a nivel provincial e autonómico e loubou asimesmo o feito de que “todos os afectados nos mativeramos unidos durante todo este tempo”.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



