SANTIAGO .- ADEGA advirte que nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta de ampliación que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o “furgón de cola” dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira “Cloe” no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
Casos como este da canteira “Cloe” en Fornelos de Montes, Costa Grande II (Muros e Carnota), outras no Irixo, Rodeiro ou o recente proxecto de explotación de wolframio en Avión, afectan a espazos de interese natural incomprensibelmente esquecidos pola Xunta cando propuxo a Rede Natura máis cativa de todo o estado español en porcentaxe (agás Melilla). Este desleixo por situar a Galiza á altura do que merece o noso patrimonio natural, un dos máis diversos de Europa, fai parella coa preguiza da administración á hora de aprobar os instrumentos de xestión que deben harmonizar de xeito sustentábel os usos e aproveitamentos nestes espazos e garantir a conservación dos seus valores naturais.
Estes Planos Reitores de Uso e Xestión (PRUX), que debería redactar a Xunta nun prazo de dous anos após da declaración de espazo protexido, son vencellantes para todas as administracións con competencias (hidráulicas, de costas, enerxéticas, etc.). A día de hoxe, ningún espazo da Rede Natura conta con PRUX e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas (2002), ou os parques naturais das Fragas do Eume (1997) e Corrubedo (1992) están logo de moitos anos aínda en redacción.
Deste xeito, proxectos acuícolas, eólicos, mineiros ou hidráulicos, ao non estar expresamente excluidos nos preceitivos PRUX (porque non existen) poden implantarse en espazos protexidos cunha simples declaración de impacto favorábel, moitas delas de dubidoso rigor e con escandalosas omisións. Tal aconteceu cos aproveitamentos hidroeléctricos do Sil (Santo Estevo II), coa liña de alta tensión Trives-Aparecida, coas canteiras e parques eólicos do Xistral ou coas piscifatorías de Cabo Vilán, Rinlo, e Touriñán.
E nos espazos que deberían integrarse na Rede Natura, segundo a proposta que a Xunta presentou en 2008, proxectos como canteiras e minas van reducindo as posibilidades de contarmos cunha Rede Natura coerente, á altura da nosa riqueza natural.
ADEGA demanda da Xunta de Galiza que aprobe xa a proposta de ampliación da Rede Natura redactada en 2008 e declare unha moratoria para as actividades extractivas, parques eólicos, piscifatorías e demáis aproveitamentos industriais e infraestruturas mentres non se aproban os preceitivos instrumentos de xestión e o Plano Director destes espazos.
O contrario suporía unha escandalosa complicidade da administración coa política dos feitos consumados e un intolerábel agravio comparativo para a cidadanía en xeral e os habitantes dos espazos protexidos que ven como se limitan os seus usos, mentres piscifatorías, canteiras, eléctricas e eólicas teñen patente de corso para tomar por asalto a Rede Natura.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



