Nota de Prensa
A parlamentaria do PPdeG e mailo alcalde reuníronse cos directivos do clube para darlles a coñecer a proposición non de lei, xuntanza na que estes transmitiron o seu descontento polas promesas incumpridas do Bipartito
O MOTOCLUB PALEIRA ACOLLE CON SATISFACCIÓN A INICIATIVA DA DEPUTADA ÁLVAREZ CHAO DE SOLICITAR A CONSTRUCIÓN DUN CIRCUITO DE MOTOCROSS EN TRABADA
Santiago, 8 de febreiro de 2010.- A deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao e mailo alcalde de Trabada reuníronse cos directivos do Motoclub Paleira para presentarlles a proposición non de lei rexistrada pola parlamentaria na Cámara galega solicitando á Xunta a construción dun circuito de motocross nesa localidade. Os membros da directiva do Motoclub acolleron con satisfacción a proposta, ao tempo que lles transmitiron ao alcalde e á deputada o seu descontento polas promesas incumpridas polo Bipartito en relación coa construción do circuito, prevista para 2007. Así mesmo, aseguráronlles que o anterior conselleiro de Industria concedeulles unha subvención de 120.000 euros, pero que, malia estar aprobada, nunca recibiron os cartos.
A proposición non de lei presentada por Álvarez Chao insta á Xunta a levar a cabo cantas accións foran necesarias para retomar a construción dun circuíto do MotoCross no Monte Veciñal en Man Común Paleira, no concello de Trabada (Lugo), baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación motociclista Española para os seus campionatos.
A deputada popular xustifica a proposta no feito de que na Mariña de Lugo existen varios moto clubs formados que non teñen un circuíto estable onde practicar este deporte, o que ocasiona numerosos problemas, xa que usan pistas dos montes que non están acondicionadas para elo, co conseguinte perigo para os participantes como para outros usuarios do monte.
Concretamente no concello de Trabada, se barallou a posibilidade de crear un destes circuítos nos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Paleira con boa disposición por parte dela, existindo unha cesión dos terreos necesarios para a súa construción por un tempo mínimo de 10 anos con data de 27 de xuño do 2007. A deputada popular criticou que “foi un proxecto constantemente vendido polo BNG e en concreto polo ex-conselleiro de Industria Fernando Blanco que tivo reunións cos comuneiros do Monte e con membros dos motoclubes da zona na parroquia de Valboa, xunto ao portavoz municipal do BNG, pero as xestións quedaron no camiño”.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



