Nota de Prensa
A deputada do PPdeG trasladou ó Parlamento galego a inquedanza e os desexo dos veciños afectados do Concello de Mondoñedo para poder darlle respostas concisas e poder sacarlle as súas terras, ao seu traballo diario e ao seu esforzo o rendemento económico e social óptimo
A XUNTA CONFIRMA NO PARLAMENTO QUE ESTÁ A TRABALLAR CON AXILIDADE NA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE MONDOÑEDO NORTE
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010.- A Xunta confirmou hoxe no Parlamento que está a traballar con axilidade na concentración parcelaria de Mondoñedo norte. Estas declaracións foron feitas polo Director Xeral de Infraestruturas de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, no transcurso da Comisión de Agricultura celebrada esta tarde no Parlamento de Galicia ante as preguntas da deputada do PPdeG, Emma Álvarez Chao, que se interesou pola fase na que se atopa a concentración parcelaria de Mondoñedo Norte, polas repercusións nela das expropiacións e servidumes de paso así como o proxecto modificado presentado polos veciños e a data de entrega dos títulos de propiedade das novas fincas. O Director Xeral confirmou que o seguinte paso será a presentación do acordo de concentración que estima poida facerse nun prazo de dous meses se todo sae segundo o previsto.
Para a deputada popular o proceso de concentración parcelaria de Mondoñedo Norte está decretada dende o ano 1991 e na actualidade existe un grupo de agricultores xóvenes que tratan de sacar rendibilidade económica e social sobre todo as terras agrarias das parroquias de Masma e Vilamor “e están moi preocupados pola agricultura vinculada a terra como motor de desenrolo do rural e teñen como un dos maiores atrancos para realizar as súas tarefas cotidiás precisamente a escasa mesura das terras que laborean”.
Álvarez Chao indicou que dende que se firmaron e publicaron as bases definitivas esta concentración parcelaria sufriu varios proxectos públicos de outras administracións (COPTOP, Ministerio de Fomento, Deputación…) que retrasaron o proceso, “ademais dun cumulo de despropósitos que culminaron co incumprimento do compromiso persoal do anterior Conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal, de sacar adiante o acordo de concentración.
















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



