LUGO .- A Deputación vén de adxudicar provisionalmente o programa tecnolóxico Innova-TE á UTE (Unión Temporal de Empresas) Mnemo-Sofware AG-Fujitsu, logo de concluir o tempo legal establecido dende que se celebrou a mesa de contratación e a exposición pública. Esta formación será a encargada de poñer en marcha este ambicioso programa, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego, dotado con 7 millóns de euros, e que asegura a implantación en 2011da e-administración no organismo provincial e no 66 Concellos da provincia
O INLUDES, organismo dependente da Deputación, aprobou a finais do pasado ano o prego para poñer en marcha a e-administración de forma global e conxunta, aforrando cartos e tempo. A continuación, a Deputación publicou a convocatoria na páxina web provincial, no Diario Oficial da Unión Europea –DOUE-, no Boletín Oficial do Estado, no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se celebrou unha xornada informativa á que puideron asistir todos os interesados para clarificar calquera dúbida, e na que participaron unha trintena de representantes de diferentes empresas. Con anterioridade, as empresas xa tiveran a posibilidade de plantexar calquera cuestión vía correo electrónico a un departamento habilitado para tal fin na Deputación.
Finalmente, o 25 de xaneiro celebrouse a mesa de contratación, na que participaron todos os grupos políticos, agás o Partido Popular que foi o único ausente. Ademais de non asistir, o PP tampouco desculpou a súa ausencia.
Máxima transparencia na contratación
O procedemento de contratación estivo marcado pola transparencia e a publicidade, e dende hoxe pode consultarse no apartado “Perfil do Contratante” da páxina web da Deputación. O prego foi publicado ata 4 veces e non obtivo ningún tipo de alegación nin recurso, polo que foi todo un exemplo de contratación pública, garantindo a máxima obxectividade e con independencia nas valoracións, que se conformaron cun triple filtro con grupos de técnicos e especialistas totalmente independentes.
En total, avaliáronse 7 propostas refrendadas por empresas que, ben en unión temporal ou en solitario, garantizaban un elevado grao de profesionalidade e solvencia ó servizo dos lucenses. Todas comprometían unha vinculación co tecido local de empresas luguesas de tecnoloxías e servizos, así como a creación de emprego directo na provincia, un dos obxectivos que marcou dende o principio o organismo provincial.
Aposta polas novas tecnoloxías
Innova-TE permitirá aos cidadáns solventar dende a Internet os trámites coa administración que agora requiren presencia física. Os veciños so terán que entrar na páxina web da Deputación, ou dos seus Concellos, identificarse a través do DNI electrónico para descargar os formularios necesarios, adxuntar a documentación precisa, e facerllo chegar á administración correspondente mediante a rede. Asimesmo, este proxecto dotará ós 66 Concellos de portais de servizos, de capacidade WiFi, de ordenadores e extenderá a banda ancha, o que permitirá a ampliación e o uso das novas tecnoloxías na provincia.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



