LOURENZÁ .- O Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o prego as bases que rexerá concurso da venda de parcelas da segunda fase no parque empresarial
Equipo de Goberno
Asistirá un técnico do IGAPE para dar información sobre o plan IMPULSA LUGO
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VENDA DE PARCELAS DA 2ª FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ
* A charla informativa terá lugar o vindeiro mércores día 17 de Febreiro a partir das 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.
Lourenzá, 13 de Febreiro do 2010.- Con motivo da recente publicación no DOG do día 2 de febreiro do anuncio do concurso da venda de parcelas da 2ª fase no parque empresarial de Lourenzá o Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o Prego das bases que rexerá este concurso.
A esta charla, que terá lugar o vindeiro mércores día 17 de febreiro a partir das 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello, están convidados todos aqueles empresarios aos que se lles facilitará información acerca dos prezos, superfícies, planos, procedementos de xestión, etc. así como resolución de posibles dúbidas que poidan xurdir.
Ademais contarase contarase coa presenza dun técnico do IGAPE (Cristina Sanz Arias) que explicará a liña de axudas existentes para as empresas da nosa provincia recollidas nas medidas de descriminación positiva do Plan Impulsa Lugo.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



