Nota de Prensa
O BNG NON VAI APOIAR A DESAFECTACIÓN DO RIVERA CASAS POR ENTENDELA PRECIPITADA E SEN ARGUMENTOS SERIOS E FIABLES
Os nacionalistas lembran que hai dous procedementos xudiciais abertos pendentes de resolución polo peche do colexio
O goberno local pode estar buscando amañar o problema dun promotor cun edificio construído que non se axusta á normativa urbanística actual da zona
Cervo, 18 de febreiro de 2010. O BNG non vai apoiar a desafectación do Rivera Casas proposto pola alcaldía para o pleno do venres. Os nacionalistas lembran que existen dous procedementos xudiciais abertos e sen resolución, un ordinario e un contencioso administrativo contra a resolución da Consellaría de Educación de pechar o centro. Para o BNG a iniciativa do alcalde e precipitada e as motivacións non son convincentes, os nacionalistas sospeitan que detrás da postura do alcalde agóchase a intención de solventar o problema dun promotor cun edifico xa executado no entorno que non se axusta á nosmativa urbanística hoxe vixente na zona polo que non se lle pode dar licenza de habitabilidade.
A optimización de recursos non semella estar dentro das prioridades do Partido Popular
Os nacionalistas criticaron a ausencia de criterio do PP con esta proposta que cualificaron de precipitada e fora de lugar xa que as intencións pouco concretadas consisten en recuperar a vella idea de deixar ese espazo libre que lembraron ten unhas dimensións de 4.500 m2 no centro do pobo. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, 4.500m2 dan para moito, nese espazo colle unha gardería en condicións que non temos, unha praza de 2.000m2 e ate un centro de día que o PP quere mandar para a periferia. O nacionalista ademais criticou o empecinamento do alcalde en levar primeiro aos escolares e agora á terceira idade á periferia do pobo.
O alcalde está preocupado por solucionar os problemas dun promotor e este e o primeiro paso
O BNG sospeita que detrás da proposta do alcalde está a intención de resolver os problemas dun edificio construído a carón do Rivera Casas cunha licenza concedida durante o tempo no que a modificación das normas subsidiarias promovidas polo concello converteron a parcela do Rivera Casas en zona verde, e que pouco tempo despois foron devoltas a espazo dotacional para usos educativos tal como están agora, polo que nesta situación impídese conceder licenza de habitabilidade ao edifico construído por superar a edificabilidade permitida. Estúa advertiu que de ser realmente esas as intencións do alcalde, debería explicalo con claridade e non mentir á cidadanía.
A precipitación do alcalde esquece que contra o peche do Rivera Casas existen dous procedementos xudiciais aínda abertos.
O BNG cualificou ademais de aventurado e pouco prudente promover unha desafectación sobre uns inmobles que foron centro educativo e sobre o que aínda están pendentes de resolución dous procedementos xudiciais contra o seu peche. Xoán Antón Estúa preguntouse que pasaría si estes procedementos resultasen positivos para o seus promotores, e cualificou dunha absoluta falta de respecto do alcalde non só aos veciños e veciñas promotores destas causas, senón tamén á administración de xustiza.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



