NOTA DE PRENSA
Satisfacción do deputado popular Balseiro tras a luz verde “en apenas unha semana” do Consello da Xunta celebrado hoxe á demanda do Parlamento galego que, a iniciativa do PPdeG reclamou o pasado día 11 de febreiro a recuperación deste importantísimo proxecto de interese supramunicipal
“DITO E FEITO” O GOBERNO DE FEIJÓO ACORDA INICIAR O NOVO PLAN SECTORIAL DE SOLO EMPRESARIAL DE GALICIA QUE INCLÚE O CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA
* Mentres que a Xunta bipartita desistiu de levalo adiante en xullo de 2008, coa conivencia de BNG e PSOE, un Goberno do Partido Popular fará posible o establecemento de máis de 250.000 metros cadrados de solo industrial –nunha primeira fase- nos concellos de Cervo e Xove.
* Socialistas e nacionalistas non apoiaron o acordo parlamentario polo que se instaba á Xunta a retomar este proxecto e incluso cualificaron de “brindis ao sol” a petición dos populares que hoxe conta co apoio do Consello do Goberno galego e do seu Presidente
A Mariña lucense, 18 de febreiro de 2010.- O pasado xoves, 11 de marzo, a Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia aprobaba unha iniciativa impulsada polo deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, instándolle á Xunta de Galicia a recuperar o proxecto de creación do cinto industrial de Alcoa. Os votos do Partido Popular foron suficientes para facer que prosperara esta iniciativa que non contou co apoio de PSOE e BNG, as mesmas forzas políticas que xa no seu día –xullo de 2008- decidiron, desde o Goberno bipartito e a petición da Consellería de Vivenda –en mans nacionalistas- desistir da realización deste importantísimo parque empresarial.
Pois ben “en apenas sete días dito e feito”, o Consello da Xunta celebrado no día de hoxe, baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo, acordou dar inicio do procedemento de elaboración dun novo Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia, cuxa principal actuación na Mariña lucense inclúe a creación, precisamente, do cinto industrial de Alcoa. Unha actuación para a que se reservan 250.000 metros cadrados de terreo –nunha primeira fase- nun espazo lindeiro entre os concellos de Cervo e Xove, arredor da actual multinacional do aluminio.
COMPROMISO CUMPRIDO
O acordo acadado polo Consello da Xunta certifica que a creación do cinto industrial de Alcoa non é un “brindis ao sol” ou “unha falacia” como pretenderon facer crer nacionalistas e socialistas senón un proxecto firme, que conta coa vontade decidida dos novos xestores da Xunta de Galicia e que se desenvolverá en función da demanda.
“Mentres que a Xunta bipartita desistiu deste proxecto en xullo de 2008, coa conivencia de BNG e PSOE” –lembrou Balseiro- “un Executivo do Partido Popular fará posible o establecemento deste importantísimo proxecto supramunicipal non só, porque conta coa aval do máximo órgano de Goberno da Xunta de Galicia, senón porque conta ademais co respaldo do seu Presidente, Alberto Núñez Feijóo”
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



