NOTA DE PRENSA:
A Comisión 2ª de Obras Públicas do Parlamento de Galicia avala a proposición non de lei do Grupo Popular para que se retome o proxecto de creación de solo empresarial máis ambicioso dos previstos no norte da provincia de Lugo
PROSPERA A INICIATIVA DO DEPUTADO POPULAR BALSEIRO POLA QUE SE SOLICITA Á XUNTA A RECUPERACIÓN DO PROXECTO DE CREACIÓN DO CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA QUE O BIPARTITO DEIXOU SEN EFECTO EN XULLO DE 2008
* Esta nova área industrial, sita entre os concellos de Xove e Cervo, servirá como imán para atracción de novas empresas e como pulo para xerar novas oportunidades de emprego, algo imprescindible –recorda o PP- para loitar contra a crise e o paro.
* PSOE e BNG acordaron en xullo de 2008 deixar sen efecto o plan sectorial que incluía esta actuación, sen avaliar as súas consecuencias negativas para A Mariña, e sen ofrecer alternativa ningunha a cambio.
* A aprobación desta iniciativa foi posible en exclusiva grazas aos votos dos deputados populares, que en todo caso lamentaron non contar tamén co apoio de PSOE e BNG.
Santiago, 11 de xaneiro de 2009.- No seo da Comisión 2ª de Obras Públicas do Parlamento de Galicia celebrada na tarde de hoxe prosperou a iniciativa promovida polo deputado do Partido Popular, José Manuel Balseiro Orol, a través da que se solicitaba á Xunta a recuperación do proxecto de creación do cinto industrial no contorno da multinacional do alumino ALCOA, sita entre os concellos lucenses de Xove e Cervo. A Cámara galega avala deste xeito a proposición non de lei do Grupo Popular pedíndolle ao novo Executivo galego que retome a iniciativa de creación de máis de 250.000 metros cadrados de solo industrial (nunha primeira fase), que o catapultan como o proxecto máis ambicioso dos previstos no norte da provincia de Lugo.
Con data 31 de xullo de 2008, o Consello da Xunta de Galicia, daquela dirixida por PSOE e BNG, acordou deixar sen efecto o Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais da nosa comunidade autónoma que, entre outras actuacións, incluía a creación do cinto industrial de ALCOA. Foi, polo tanto, o Goberno bipartito quen anulou esta posibilidade sen avaliar os prexuízos que esta mala decisión carrexaría no conxunto das bisbarras da Mariña lucense e, sen ofrecer alternativa algunha a cambio. É polo que na súa intervención o deputado popular, Balseiro Orol, foi moi crítico coa posición mantida polas antigas forzas do Goberno bipartito ás que directamente acusou de pretender malograr este proxecto por unha cuestión de sectarismo (os concellos de Xove e Cervo están gobernados polo PP) e de manobrar deste xeito tan negativo para os intereses desta comarca polo total esquecemento que o bipartito tiña da Mariña lucense.
MÁIS EMPRESAS, MÁIS EMPREGO
En opinión do Partido Popular, esta nova área industrial que hoxe se chama a recuperar servirá como imán para atracción de novas empresas e como pulo para xerar novas oportunidades de emprego, algo imprescindible na loita contra a crise e o paro. Ademais suporía unha actuación complementaria e imprescindible para o caso de que, no futuro, o Goberno central decida, tal e como lle reclama a Xunta, a apertura do dique norte de Morás ao tráfico xeral comercial. O cinto industrial de Alcoa ofrecería unha ampla oferta de solo para todas as empresas que quixeran aproveitar este novo porto comercial ou, en todo caso, que desexen instalarse nun área, escollida no seu día pola multinacional do aluminio ALCOA, pola súa situación estratéxica e por ser un espazo de paso estratéxico das principais relacións comerciais e mercadorías.
ABSTENCIÓN DO BIPARTITO
A aprobación desta iniciativa foi posible en exclusiva grazas aos votos dos deputados populares, que en todo caso lamentaron non contar tamén co apoio de PSOE e BNG. Ambas formacións políticas pretendían aprobar dúas emendas inaceptables, segundo a opinión do PP, que a través da súa iniciativa pretendía establecer un consenso sobre a recuperación deste proxecto de solo industrial, algo que finalmente non foi posible.
O PSOE cometía incluso o erro de pedir que fora Xestur, a empresa pública da Xunta quen desenvolvera este proxecto cando se trata dunha iniciativa que impulsaba outra sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), de natureza mixta, participaba polo Goberno do Estado e pola Xunta. No tocante a posición do BNG estes pretendían suscitar dúbidas sobre a viabilidade do proxecto de cinto industrial para xustificar a decisión de anulalo, adoptada cando eles tiñan responsabilidade de Goberno e, precisamente, a iniciativa da Consellería de Vivenda –xestionada polos nacionalistas-. O PP lembroulle ao BNG que existe un informe técnico elaborado por unha compañía independente e de grande prestixio que avala a idoneidade do proxecto de cinto industrial no contornod e ALCOA e que subliña o seu carácter estratéxico e a súa potencialidade para o desenvolvemento económico do conxunto da Mariña lucense.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



