XOVE .- O Concello de Xove homenaxea ás primeiras mulleres de Xove que accederon ao mercado laboral; entendido este logro como a consecución dos primeiros postos de traballo rexidos por contratos laborais e remuneracións económicas a través dun salario.
A organización dos actos de homenaxe corre a cargo da Delegación Municipal de Muller e o Departamento de Servizos Sociais que preside a Concelleira Ana Abad.
O Día Internacional da Muller celébrase en todo o mundo o luns 8 de marzo, pero para favorecer unha maior participación neste acto, en Xove os actos adiántanse para o DOMINGO, 7 DE MARZO.
O Salón de Actos do Centro Cívico vai ser o lugar onde se desenvolvan os actos o 7 de marzo, comezando a partires das 17:30 horas cunha presentación a cargo do Alcalde Demetrio Salgueiro, quen vai estar acompañado pola Concelleira Ana Abad e outras autoridades, e tamén por, e iso esperemos, moitas persoas do Concello. Dende a Concellería enviouse unha invitación a tódalas casas do Concello animando a participar neste acto, que vai ter como eixo central a un grupo de mulleres, pioneiras no traballo asalariado no noso Concello, e que son:
Dna. Carmen Basanta López e Dna. Aurea Álvarez Díaz, ambas da parroquia de Lago e traballadoras do Lavadoiro de Caolín; e a Dna. Leonor Galdo Val e Dna. Dolores Prieto Val, as dúas da parroquia de Lago e primeiras empregadas da Baleeira de Morás.
Rematado este acto de homenaxe, tódolos/as asistentes están invitados polo Concello a participar na IIIª Chocolatada.
Facendo un repaso pola historia, antes da profunda industrialización que nos trouxo Alcoa (antes Alúmina-Aluminio), en Xove, aló polos anos 50 do pasado século, podemos xa falar dunha participación da muller na industria; concretamente estamos a referirnos ao Lavadoiro de Caolín de Lago, onde catro mulleres traballaron no seu proceso de envasado, cobrando 4.000 pts. ao mes, o mesmo cos homes. Xa nos anos 60, a instalación da factoría baleeira Massó Hermanos S.A. supuxo tamén unha incorporación da muller ao proceso industrial, chegando a traballar ata 12 mulleres nesta factoría de Morás; os soldos que percibían, orredor das 20.000 pts. ao mes, neste caso eran inferiores aos dos homes.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



