BURELA (FNC) .- A Concellaría de Mar está a traballar na elaboración das bases para proceder á contratación dun patrón mecánico guía para o barco museo Reina del Carmen. Remedios López Villar sinala que “será con carácter de interinidade, as bases serán de oposición libre e terá que estar en posesión do título de Graduado escolar, FP I ou equivalente. Váise abrir un prazo de 10 días unha vez publicado o anuncio na prensa para a presentación de toda a documentación demandada. A proba constará de tres partes: a primeira tipo test dun pequeno temario, a segunda será unha explicación guiada do barco e artes de pesca, e a terceira consistirá nunha tradución ao galego”.
A edil de Mar explica que “o barco museo Reina del Carmen, amarrado no porto burelés, recibe centos de visitas de grupos organizados e de particulares ao longo de todo o ano pero mais no verán, de aí que tentemos telo o mellor atendido posible”. Remedios López tamén anuncia que “se está a elaborar a solicitude para conseguir as subvencións dos plans de cooperación que sairon no DOG do 1 de marzo. Imos solicitar a contratación de dous parados como guías do barco museo, terán nivel de peón e serán para os catro meses estivais. Estas dúas persoas traballarán de apoio ao patrón para amosar e dar explicacións guiadas ao turista que veña coñecer o barco e sobre como se vive nel nunha campaña do bonito”.
A concelleira socialista lembra que “estamos a esperar a resolución da solicitude dunha subvención dos GAC. Nós solicitamos axuda para poder sacar a diante dous proxectos moi importantes, un deles é a continuidade das xornadas gastronómicas e os libros Os sabores do noso mar e o outro Memoria do oficio do mar en Burela que levará consigo a contratación dun licenciado en Historia que irá facendo entrevistas a persoas relevantes no mundo do mar e que logo quedarán reflectidas nun libro”.
Remedios López suliña que “con estas medidas tentamos fomentar o emprego en Burela e apoiar ás familiar que mais o necesitan creando catro postos de traballo”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



