LUGO .- A Deputación invisteu 287.680 euros na adquisición de 1.000 toneladas de emulsión asfáltica que serán empregadas polas máquinas do Parque Móbil para o arranxo, mantemento e limpeza de vías municipais durante todo o ano.
Nota e Prensa
A Deputación adquire 1.000 toneladas de emulsión asfáltica para a mellora de vías municipais
– O organismo provincial inviste preto de 300.000 euros na adquisición deste material que será empregado polas máquinas do Parque Móbil para o arranxo, mantemento e limpezas de vías municipais
– Antonio Gato subliña que “a Deputación aforra cartos ós Concellos, xa que asume os custes que suporían a contratación deste servizo que se enmarca dentro da aposta pola cooperación cos Concellos da provincia”
– Dende 2007 a institución provincial triplicou o orzamento do Parque Móbil co obxectivo de aumentar a cooperación coas entidades locais, e que este ano ascende a 3,2 millóns de euros
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o expedente de contratación da subministración de combustibles e de emulsión asfáltica para o Parque Móvil provincial. En total, estas dúas actuacións suman 605.123 euros. Desta cantidade, 287.680 euros, destinaranse á adquisición de 1.000 toneladas de emulsión asfáltica que serán empregadas polas máquinas do Parque Móbil para o arranxo, mantemento e limpeza de vías municipais durante todo o ano.
O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta non é unha actuación nas vías provinciais, senón que é unha cooperación cos Concellos. Practicamente todos teñen problemas no mantemento das súas vías, pero sobre todos nas do rural. Contrasta esta situación coa que atopamos cando chegamos ó goberno, porque cando estaba o Partido Popular o Parque Móbil era inexistente e non tina actividade nin material para acometer estas obras de cooperación”.
Neste senso, lembrou que a Deputación incrementa en máis dun 20% con respecto o ano pasado o presuposto adicado ó Parque Móbil para 2010 co obxetivo de ampliar os servizos ós Concellos. Deste xeito, o orzamento increméntase uns 600.000 euros, e chega ata ós 3.200.000. Dende 2007, a institución provincial triplicou o orzamento do Parque Móbil para adquirir maquinaria que realice traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, cortes de taúdes, mantemento de pistas, limpeza de escombreiras e bordes de terrapléns, nas estradas de titularidade municipal.
“Con esta liña de cooperación, a Deputación aforra cartos e importantes recursos ós Concellos, xa que asume os costes que suporían a contratación deste servizo, e que se enmarca dentro da aposta do organismo provincial pola cooperación cos Concellos. Disto poden dar fé os Alcaldes da provincia”, apuntou Gato Soengas.
Nestes momentos, as máquinas do Parque Móbil están en Foz, Triacastela, Samos, Ferreira de Pantón e o Valadouro. “Son Concellos de distinta cor política, cousa que antes non se facía”.
Na Xunta de Goberno tamén se aprobaron 6 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Suman 68.874 euros e a Deputación subvenciona 36.901 euros. Corresponden ós Concellos de Pantón (2), Ribeira de Piquín, Vilalba, Fonsagrada, e Triacastela.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



