LUGO .- A rede museísitica provincial, dependente da área de Cultura da Deputación, que dirixe o nacionalista Antonio Veiga, vai acoller a actividade que leva por título “Follas Novas, Novas Follas” destinada á poboación escolar con motivo da celebración do 125 aniversario do pasamento da escritora galega por antonomasia, Rosalía de Castro.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN LEMBRA O 125 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ROSALÍA CON ACTIVIDADES EN TODA A REDE MUSEÍSTICA
Antonio Veiga indicou que se pretende “impulsar entre os nenos e nenas o coñecemento das nosas letras e do no noso idioma, tan atacado nos últimos tempos”
Veiga explicou que “conflúen para poñerse en valor elementos tan identitarios de Galiza coma o idioma, a nosa literatura, incluso algo tan simbólico e característico do noso país como a folla de carballo ou a emigración”
LUGO, 12 de marzo de 2010. O delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou hoxe no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, fóra dos asuntos da orde do día, de que a Rede Museísitica Provincial, dependente da Área de Cultura da Deputación, vai acoller a actividade que leva por título “Follas Novas, Novas Follas” destinada á poboación escolar con motivo da celebración do 125 aniversario do pasamento da escritora galega por antonomasia, Rosalía de Castro.
Segundo explicou Veiga, esta actividade vaise desenvolver nos museos de San Paio de Narla, do Pazo de Tor e o Museo do Mar de San Cibrao, en colaboración cos diferentes centros de ensinanza de cada comarca. A actividade “Follas novas, novas follas” diríxese ao alumnado das materias de plástica e galego dos diferentes colexios e consiste en que nunha folla de papel, que simula na súa forma unha folla de carballo e leva inscrito diferentes versos do poemario “Follas Novas” de Rosalía, cada neno e nena escriba na parte de atrás desta folla a súa visión particular e reflexións sobre a emigración. Neste punto, a actividade desenvólvese en colaboración coa Casa Museo de Rosalía e coa Biblioteca Nacional de Bos Aires, xa que, ademais de expoñerse os traballos dos nenos e nenas en cada un dos museos da Rede Museística Provincial (en San Paio de Narla o 21 de marzo, no Pazo de Tor o 19 marzo e no Museo do Mar de San Cibrao o 20 de marzo), os traballos dos nenos e nenas lucenses mostraranse no Museo de Rosalía o 23 de abril. Ademais, Antonio Veiga indicou que ao mesmo tempo, na Biblioteca Nacional de Bos Aires, a artista lucense Luz Darriba iría creando unha instalación coas follas que nenas e nenos a través desta actividade foron levando aos diferentes museos da Rede Museística Provincial.
Veiga explicou que “conflúen para poñerse en valor elementos tan identitarios da Galiza coma o idioma, a nosa literatura, incluso algo tan simbólico e característico do noso país como a folla de carballo ou a emigración”.
Asuntos do día
Dentro dos asuntos do día da Xunta de Goberno, o delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, deu conta da aprobación e concesión de subvencións a asociacións culturais e deportivas e concellos pola realización de actividades en 2008 e tamén doutras anualidades, que se achegan aos 10.000 euros en total, cantidade que se vai liberar e axudas que van ser concedidas en función da súa correcta realización e xustificación. Antonio Veiga expuxo que recibirán a subvención correspondente de 2008 pola realización de actividades deportivas catro asociacións e clubs por un importe de 8.336,83 euros e un concello, por un importe de 3.411,76 euros.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



