LUGO .- ADEGA insta á Fiscalía Anti-corrupción a que investigue o caso de Barreiros e asegura que a conivencia da Xunta co afán especulador do Concello de Barreiros, para agasallar con 14 millóns de € de fondos públicos a proxectos ilegais, é un escandaloso atentado contra a xustiza social.
NOTA DE PRENSA
A XUNTA CONVÉRTESE EN CÓMPLICE DA ESPECULACIÓN URBANÍSTICA EN BARREIROS
A conivencia da Xunta co afán especulador do Concello de Barreiros para agasallar con 14 millóns de € de fondos públicos a proxectos ilegais é un escandaloso atentado contra a xustiza social
ADEGA insta á Fiscalía Anti-corrupción a que investigue o caso de Barreiros e anima á cidadanía a crear un Pacto Social polo Territorio para un desenvolvemento territorial coherente, sustentábel e cohesionador.
Lugo, 26 de marzo de 2010. ADEGA considera escandaloso que a Xunta de Galiza veña de anunciar a retirada dos contenciosos administrativos contra as ilegalidades urbanísticas do Concello de Barreiros, das que boa parte corresponden a proxectos situados en solo rústico de protección de costas. Preténdese a “legalización” destes proxectos urbanísticos á conta dos cartos de toda a sociedade galega, a través dun Convenio entre a Consellaría, Augas de Galiza, e a Deputación provincial de Lugo para investir máis de 14 milllóns de € de fondos públicos na dotación de infraestruturas das urbanizacións ilegais.
ADEGA cualifica de estafa e atentado contra a xustiza social esta forma de actuar das administracións, coa que se xustifica a aportación de fondos públicos para a especulación, se alenta o delito urbanístico e se beizoa a prepotencia dunha alcaldía carente de respecto polos valores do litoral e renuente ás advertencias da D.X. de Urbanismo ou da propia secretaría municipal.
En todo caso, agardamos que sexa a sensibilidade da administración da Xustiza a que poña os medios e esforzos necesarios na investigación e persecución dos presuntos delictos de prevaricación e posible corrupción. A este respecto, consideramos que existen suficientes irregularidades para que o caso de Barreiros sexa obxecto de investigación por parte da Fiscalía Anti-corrupción.
Antecedentes do caso
Que a expansión urbanística no Concello de Barreiros constitúe unha incalificábel aberración (amais dun atentado aos valores paisaxísticos do litoral), hai tempo que xa foi sinalado pola empresa subministradora de enerxía eléctrica, a cal advertía nunha comunicación ao concello (anos 2005 e 2006) de que as infraestruturas eléctricas da zona non tiñan capacidade para atender a demanda eléctrica derivada de tal expansión urbanística.
Cunhas Normas Subsidiarias do ano 1994, o primeiro atentado e a primeira ilegalidade urbanística aconteceu coa aprobación da chamada urbanización de San Bartolo, na mesma beiramar, incumprindo a Lei 22/1998 de Costas e o seu Regulamento, que prohíbe explicitamente “as edificacións destinadas a residencia ou habitación” na zona de protección de costas (100 m desde a liña litoral), e ordena deixar totalmente expedita a zona de tránsito (6 m) e a zona de ocupación (20 m).
Apesar da aprobación da Lei do Solo 9/2002, as ilegalidades non cesan e acadan o carácter de escandalosas, sobre todo a partir da destitución do Sr. Cuíña da COTOP e a súa substitución polo Sr. Núñez Feijóo. A finais de 2005, o concello de Barreiros acolle máis de 3.000 vivendas construídas, a pesar de contar cunha poboación de apenas 3.500 habitantes. Durante o ano 2006, máis de 6.500 vivendas de nova construción foron visadas polo Colexio de Arquitectos no municipio, todas elas sobre solo rústico, e sen subministro de auga, electricidade, saneamento e accesos axeitados.
Dende ADEGA denunciamos daquela algunhas destas urbanizacións por situarse en solo rústico de protección de costas ou pola súa proximidade ao LIC das Catedrais ou ao LIC da Ría de Foz. Durante o goberno bipartito, a Consellería de Política Territorial non tardaría en recordarlle ao Concello de Barreiros que, pasados os 3 anos para a adaptación dos planeamentos municipais á Lei 9/2002, as disposicións desta Lei ían ser de total aplicación e, consecuentemente, só poderían ter a consideración de solo urbano os solares dotados de vías perimetrais, accesos, auga potábel, saneamento e subministro eléctrico. Apesar desta advertencia da Dirección Xeral de Urbanismo, o Concello continúa coa concesión de licenzas durante todo o 2006, demostrando ademais un absoluto desprezo polos valores protexidos do litoral, polo dereito dos potenciais compradores a unha vivenda digna, e polos informes desfavorábeis da Secretaría Municipal.
En febreiro de 2007, a Xunta de Galiza, através do Decreto 15/2007 suspende a vixencia do planeamento urbanístico de Barreiros e no mes de maio, coa publicación da Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral, suspende toda actuación e transformación urbanística en terreos situados a menos de 500 m do borde do litoral. Porén, o concello de Barreiros continúa coa tramitación de licenzas e autorizando intervencións en zonas prohibidas até acadar 3.000 novas licenzas, tal como recolle a denuncia da Fiscalía ante o Xulgado de Mondoñedo.
Pacto social polo territorio?
O trato de favor que a Xunta lle dá ao concello de Barreiros, sumado as disposicións doutras recentes normas como a Lei Eólica (coa aprobación do parque eólico do Iribio en Rede Natura), a reforma da Lei do Solo, as intencións declardas do Sr. Hernández con Touriñán, supoñen para ADEGA moi malos precedentes cara á elaboración do Plano de Ordenamento do Litoral e o desenvolvemento doutros Planos Sectoriais (acuicultura, minaría, hidroeléctrico, etc.). Fálase dun “pacto polo territorio” mentres a Xunta, pola vía da imposición e dos feitos consumados, vai limitando as posibilidades reais de acadalo.
No entanto, reiteramos a necesidade e a total disposición deiposición de ADEGA a acadar un pacto ou compromiso social polo territorio que, dende a transparencia e a participación social, sente as bases para elaborarmos unhas Directrices de Ordeamento do Territorio, previas a calquera outro Plano Sectorial, sobre as que asentar un desenvolvemento coherente, sustentábel e cohesionador.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



