SANTIAGO .- A asociación ecoloxista ADEGA asegura que confírmanse as peores previsións: a incineración seguirá a ser o piar fundamental do novo Plano de Residuos Urbanos, e a Xunta duplicará o erro histórico que converteu a SOGAMA nun inmenso “buraco negro” contaminante e devorador de inxentes cantidades de cartos públicos.
REFERENCIA
Atendendo ás recentes declaracións perpetradas polo presidente de SOGAMA, Sr. Lamas, confírmanse as peores previsións: a incineración seguirá a ser o piar fundamental do novo Plano de Residuos Urbanos, e a Xunta duplicará o erro histórico que convertíu a SOGAMA nun inmenso “buraco negro” contaminante e devorador de inxentes cantidades de cartos públicos. As demagóxicas palabras do Sr. Lamas, máis propias dun “bombeiro pirómano” que dun responsábel público, evidencian alén da súa ignorancia unha irracional fuxida cara adiante na xestión dos RSUs, ignorando as directivas europeas e colidindo coa lei estatal de residuos. Tanto ten: o que cómpre e aumentar a débeda dos concellos con SOGAMA e engordar as contas de GN-Unión Fenosa, que verá duplicado o seu negocio cunha nova incineradora no sur de Galiza.
A Directiva Europea de Residuos 2008/98, determina as seguintes prioridades para a xestion do lixo: a opción prioritaria é a prevención e a redución tanto do volume como da perigosidade dos residuos, logo a reutilización e a reciclaxe e por último a valorización enerxética e a eliminación. Neste ultimo chanzo é onde está situada SOGAMA e onde quere a Xunta do PP situar xestión dos residuos urbanos na Galiza.
[Táboa 1: comparativa na valorización material] Indo aos números, o fracasado modelo SOGAMA amosa uns resultados de valorización material porcentualmente similares aos dun vertedoiro e máis propios dun país subsahariano. Esta baixa eficiencia fai que a incineración só poida ser considerada como unha opción de eliminación, equiparábel ao vertido. Cando o Sr. Lamas compara a situación galega coa de Austria, cunha taxa de compostaxe superior ao 40% (e sen contar as demáis fraccións como o vidro, papel-cartón, etc.) esquece que en Galiza, SOGAMA composta un 0%. Estas demagóxicas declaracións amosan un preocupante descoñecemento e soberbia impropias dun responsábel público. Con estes números, con quen tería que comparar o Sr. Lamas a situación galega é con países como Zimbabwe !!
Duplicar a incineración de SOGAMA equivale a asumir a inoperancia da administración para deter o continuo incremento na produción de lixo. Actualmente a planta de Cerceda está saturada e recibe unhas 900.000 Tm anuais, tendo capacidade só para 350.000 Tm. A ampliación cara o sur é como agrandar o buraco negro para seguir engulindo máis lixo: unha fuxida cara adiante para continuar mercadeando cos residuos, enriquecendo ás eléctricas e baleirando as arcas dos concellos. Como é que no se quere facer nada pola redución e por tentar deter o continuo incremento da xeración de lixo, primeira prioridade dunha política de xestión de residuos? Cada ano a produción aumenta un 4,76% e de seguirmos así, no 2017 a producción de lixo en Galiza atinxirá case os dous millons de toneladas anuais. Cantas incineradoras e cantos vertedoiros precisariamos para daquela?
dados expostos, tirados da propia administración e que integran o Informe RECOLLIDA SELECTIVA 2008 (570 KB) de ADEGA revelan a absoluta incapacidade do modelo SOGAMA para a reciclar os residuos a pesar das enormes cantidades de diñeiro necesarias para manter o sistema. As plantas de compostaxe, a pesar do boicot político e institucional ao que foron sometidas durante a era Fraga, acadan taxas de reciclaxe e eficiencia moi superiores, cun investimento moito máis reducido. SOGAMA é un modelo fracasado dende o seu inicio, o que continuamente confirman os datos oficiais.
A administración debería aprender dos erros pasados, facer propósito de enmenda e cumprir leis e directivas europeas que priorizan a reducción, a reutilización e a reciclaxe, e establecen unha xerarquía no tratamento de residuos que prima a compostaxe, situando no último chanzo a incineración e o vertido.
O modelo SOGAMA condúcenos cara a insustentabilidade ambiental e o desbaldimento económico. A pregunta é: quen se beneficia desta ruina económica e ecolóxica?























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



