BURELA .- O colectivo cultural Buril organiza para o sábado 20 de marzo às cinco e media da tarde, no salón de conferencias de Burela, a proxección do documental “Redeiras” e, posteriormente, unha mesa redonda.
Nota de Prensa
REDEIRAS
O Colectivo Cultural Buril organiza para o próximo sábado 20 de marzo às 17h30 no salón de conferencias de Burela, a proxección do documental “Redeiras” e, posteriormente, unha mesa redonda na que intervirán Mª Jesús Alonso López (presidenta da asociación de redeiras “Cabo Burela”), Ángeles Millé Rodríguez e Rosa Rodríguez Vidal (secretaria e presidenta da federación galega de redeiras artesanais).
As redeiras son un colectivo de traballadoras que, día a día, traballan nos portos galegos elaborando e reparando mallas e aparellos pesqueiros. A maior parte son mulleres que, coma moitas outras, comezan a súa xornada de traballo pola mañá cedo e rematan a última hora da tarde. Mais cómpre salientar que é o que fai que o seu traballo sexa moi diferente do de outras galegas. O feito de que sexan mulleres fixo que, durante moitos anos, o seu traballo fose pouco menos que “invisível” para as administracións coa perda de dereitos que iso conleva, ou que socialmente fose considerado como unha “axuda” do salario que se precisaba na casa.
Os datos oficiais falan dunhas 700 mulleres que se adican a este traballo na Galiza, mais estímase que o número pode case duplicarse tendo en conta as que traballan de xeito ilegal. Aquí é onde radica un dos importantes problemas deste colectivo, o intrusismo laboral, que fai que en moitos portos como o de Burela, Malpica, Laxe, A Guarda… o traballo non regulamentado e a economía submerxida xeren competencia desleal que provoca que as redeiras teñan uns ingresos moito menores e unha deficiente situación laboral.
Outro punto importante que se há de considerar é o referido á formación, pois este oficio require de moitos anos de aprendizaxe polo que unha das principais esixencias destas traballadoras é que se impulse a formación profesional e a mellora das condicións, de xeito de que o relevo xeracional sexa máis fácil do que é a dia de hoxe.
Alén disto, outra das problemáticas importantes é que non se lles recoñecen as doenzas que son derivadas da súa profesión (como por exemplo as dores cervicas ou as hernias discais), o que vén sendo outra das loitas diarias destas mulleres.
A Federación Galega de Redeiras naceu no ano 2004 e integra a 12 asociacións de toda Galiza, entra as que está a asociación de redeiras “Cabo Burela”. A partir de entón, estas mulleres camiñan xuntas para acadar a dignificación da súa profesión e saír da invisibilidade na que se atopan desde hai décadas, loitando contra o intrusismo profesional e a competencia desleal, reivindicando a mellora das condicións laborais, fomentando a formación e así axudar a garantir o relevo xeracional desta profesión que é fundamental na Galiza e da que moitas e moitos de nós somos descoñecedores.
Desde o Colectivo Cultural Buril, convidamos a todas as persoas interesadas en coñecer de perto o traballo deste colectivo de mulleres, tradición ancestral da nosa vila e do resto do país, a que asistan este sábado á proxección do documental e participen da mesa redonda na que as redeiras nos achegarán o seu día a día e o esforzos que realizan, e fican por realizar, por dignificar o seu traballo.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



