NOTA DE PRENSA
Os nacionalistas afirman que máis de 2000 vivendas quedan fora de ordenación na Mariña
O BNG solicitará a retirada do POL nos Concellos da Mariña
O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar nos Concellos da Mariña que a Xunta de Galiza proceda a retirar o Plano de Ordenación do Litoral na medida que significa unha hipoteca de primeiro orde para o desenvolvemento da Galiza litoral, propón un modelo de ordenación de territorio que non se axeita ao peculiar modo de asentamento dos galegos, carece de documentación esencial para a súa concreción, tecnicamente é dunha grande pobreza e procede mesmamente a vulnerar o recollido na Lei 9/2002 no que ten a ver co feito de que a normativa sectorial sería posterior á probación das Directrices de Ordenación do Territorio. Segundo afirmou Estúa “ a importancia deste documento provén polo número de Concellos aos que afecta, a todos os costeiros, máis aos do Valadouro e a Trabada, pola cantidade de solo que ordena, o 2,59% do total da provincia que representa 24.815 hectáreas ou o que é equivalente a extensión de 24.455 campos de futebol”
A maiores os nacionalistas indicaron que estas 9522 hectáreas correspondese con importantes bolsas de solo urbanizábel que na Comarca da Mariña representa unha porcentaxe de 6070 hectáreas de solo urbanizábel cuxo desenvolvemento urbanístico fica hipotecado. O Portavoz do BNG denunciou “que a prohibición dos usos residenciais en solo urbanizábel realizase sen atender a ningún criterio, é máis faise desde unha perspectiva absolutamente discrecional sen atender ao carácter regrado que debe ter a clasificación do solo. Non é explicábel que no Concello de Foz se prohiba edificar en 117 hectáreas de solo urbanizábel e no Concello de Viveiro a limitación no urbanizábel se limita a 4,62 hectáreas ou que no Concello de Cervo se prohiba edificar en 120 hectáreas de solo urbanizábel e no Concello de Xove a limitación no urbanizábel limitase a 0,39 hectáreas.” Segundo Estúa unha análise detallada do POL permite comprobar que o tratamento desigual que lle dan a realidades urbanísticas homologábeis até o punto de que “Non hai lugar a dúbida que este documento establece un urbanismo a carta en función do cliente, polo que sería bo que o PP nos dixese se avala estas prohibicións nos diferentes Concellos da Mariña”.
Estúa criticou a dobre linguaxe que utiliza o PP na oposición e no goberno, e máis concretamente en relación coa coñecida coa lei dos 500 metros. “Non deixa de ser curioso que o PP levase adiante toda unha campaña de insidias afirmando que o bipartito pretendía prohibir a edificación por baixo da franxa dos 500 metros, algo que era absolutamente falso, e agora sexan eles xa non só os que prohiben construír na mesma senón que elevan a prohibición máis arriba dos 500 metros como por exemplo en Barreiros que fixan 972 hectáreas por riba dos 500 metros, ou en Foz que a sitúan en 568, afirmou o Portavoz Nacionalista. Na mesma liña quixeron referirse aos case dous milleiros de vivendas que deixan fora de ordenación en toda a Comarca, ao situalas na zona de protección, con todo o que iso significa.”Unha vivenda fora de ordenación é unha vivenda no que só se poden facer obras de conservación, cuxo valor catastral é cero, sobre a quen non se pode concretar ningunha garantía hipotecaria e que se desvaloriza totalmente” sentenciou Veiga.
O Bloque Nacionalista Galego criticou que este Plano vai aumentar a inseguridade xurídica no conxunto dos Concellos da Mariña e vai paralizar todo o proceso de tramitación do Planeamento que se está a levar adiante. A este respecto Veiga fixo referencia ao art.3 do POL no que se fai referencia a que só se permite edificar no solo urbano consolidado e no de núcleo rural até que non se adapten planeamento local ao POL “cando foi precisamente o feito de que se descoñeza en todos os Concellos da Mariña, agás en Vicedo, cal é o urbano consolidado e o solo de núcleo o que xerou o conxunto dos litixios urbanísticos na Comarca da Mariña” explicou Estúa quen criticou que esta Plano implica a paralización dos planeamentos en tramitación “ A normativa do POL tamén neste aspecto é clara, o conxunto dos PXOM teñen que adaptarse ao POL, polo que o traballo iniciado en moitos Concellos vai haber que modifica-lo de arriba abaixo” rematou Estúa.
Os nacionalistas denunciaron tamén que por parte da Xunta de Galiza non hai a día de hoxe máis que boas palabras, que non se corresponden coa práctica que está a levar adiante. “Así mentres afirman que están dispostos a introducir modificacións no documento antes de proceder a súa aprobación inicial, curiosamente alongan o prazo de consultas até o 3 de Maio, por outra banda seguen nas súas trece de pretender aprobalo inicialmente o 15 de deste mes o que imposibilita na práctica calquera tipo de modificación” aseverou Estúa.”Nos ao igual que aos veciños imos formular suxestións de modificación parcial, que o único que van a servir para evidenciar que o PP o único que pretende é aprobalo sen modificacións, pola vía rápida e enganando todo o posíbel”recalcou o Portavoz Nacionalista.
Xa por últimos desde o BNG criticaron a irreponsabilidade e a sumisión dos dirixentes do PP que están a vender aos seus veciños as directrices do seu Partido, posto que doutro xeito non é comprensíbel o seu silencio e mesmamente a súa negativa de aportar alternativas que lle garantan futuro aos seus Concellos. “O silencio dos responsábeis do PP na Comarca é ben sintomático, mesmo daqueles que teñen incontinencia verbal, un silencio que só pretende agochar a puñalada polas costas que os populares lle teñen preparada a toda a Mariña” recalcou Estúa.


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



