Nota de Prensa
MENTRES OS PROVEDORES NON COBRAN O PP NO GRUPO DE GOBERNO PERMÍTESE O LUXO DE TER UN GABINETE DE PRENSA EXCLUSIVO A CARGO DO ERARIO PÚBLICO
Os nacionalistas pregúntanse si a elaboración de notas de prensa non vai no salario da dedicación exclusiva do alcalde e as catro dedicacións parciais do goberno local
En catro meses presentáronse facturas por case 6.000 euros en concepto de comunicación
O discurso da austeridade semella pasar de largo para o Partido Popular de Cervo
Cervo, 4 de marzo de 2010. O BNG pregunta pola presentación de varias facturas en concepto de comunicación e mantemento da páxina web municipal por importe de 5.913,25 euros. Para os nacionalistas non e de recibo ver como o goberno local abona facturas por estes conceptos cando o prezo de mercado para actualización de páxinas web non se corresponde con estes prezos, nin consideran necesaria a contratación dun servizo personalizado de comunicación nun concello que xa paga os salarios de cinco persoas liberadas no grupo de goberno. O BNG pregúntanse si no salario das cinco persoas liberadas non debería estar incluída a elaboración de notas de prensa xa que á vista dos luxos que se permiten a austeridade demandada polo PP para outros, semella non ter asento entre o grupo de goberno de Cervo.ervo
O concello asume o gasto dunha persoa que traballa exclusivamente para o grupo de goberno elaborando notas de prensa
O BNG cualificou cando menos como pouco ético que mentres á cidadanía cervense se lle incrementan os impostos e taxas municipais argumentando a mala situación económica municipal, o goberno municipal permítese o luxo de asumir o gasto de preto de 6.000 euros en catro meses para comunicación corporativa. Os nacionalistas criticaron a falta de escrúpulos do PP que mentres recorta axudas a colectivos e asociacións, ten a cara dura de manter un servizo personalizado para a elaboración de notas de prensa e o colgado na web municipal dalgunha nova de vez en cando a un custo que superan con moito os prezos de mercado.
Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, “nin as escasas actualizacións da web municipal, nin a contratación dun gabinete de comunicación teñen estes prezos no mercado, a non ser que ademais destes servizos pretendas plena dispoñibilidade, o cal e un luxo que nin o concello, nin os seus veciños e veciñas deberían asumir.”
Estúa especificou que as facturas teñen rexistros de entrada no concello de 17 de decembro, 22 de xaneiro, 1 de febreiro e 1 de marzo por 1689,50, 844,75, 1689,50 e 1689,50 euros polos conceptos de comunicación corporativa e actualización de contidos da web municipal.
O salario dos cinco membros do goberno local liberados debería dar cando menos para elaborar algunha nota de prensa.
O BNG lembrou que Cervo e un dos concellos da comarca cuxos cargos de goberno mais lles custan á cidadaníana Mariña, entre a dedicación exclusiva do alcalde e as catro dedicacións parciais o gasto anual elévase a case 94.000 euros, aos que hai que engadir teléfonos móbiles a cargo das arcas municipais e dietas. Estúa asegurou que proporcionalmente co censo de poboación, as asignacións económicas do grupo de goberno de Cervo e o mais alto da comarca e deberían ser os primeiros en dar exemplo á hora de recortar gastos. O nacionalista afirmou que “ 94.000 euros deberían dar para a redacción dalgunha nota de prensa e non cargar sobre os cidadáns facturas cuxo aforro daría para actuacións moito mais edificantes que a mera propaganda mediática”
















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



