CERVO .- Servizos Sociais do Concello de Cervo organiza sábado o festival “Palilleo Solidario” en colaboración coa asociación cultural Airiños do Xunco, na prazoleta de San Ciprián a partires das oito da tarde, co fin de recadar fondos para os damnificados dos terremotos de Haití e Chile.
Nota de Prrensa
O CONCELLO ORGANIZA MAÑÁ UN FESTIVAL SOLIDARIO EN FAVOR DE HAITÍ E CHILE
Cervo, 26 de marzo de 2010.- A concellería de Servizos Sociais do Concello de Cervo organiza mañá en colaboración coa asociación cultural Airiños do Xunco o festival “Palilleo Solidario”.
O festival terá lugar na prazoleta de San Ciprián a partires das oito da tarde e ten por obxecto recadar fondos para os damnificados dos terremotos de Haití e Chile. Nel participarán o mago Jorge Manchado, as cantareiras de Airiños do Xunco e o grupo Batuko Raventola.
Os asistentes que o desexen poderán aportar os seus donativos nunhas huchas que estarán distribuídas en distintos puntos da prazoleta. “Pensamos que sería unha boa idea aproveitar a celebración do encontro de palilleiras para potenciar a cuestación posta en marcha a principios de mes xunto coa Unidade Pastoral e por iso organizamos este festival” indicou Pilar Armada, delegada de Servizos Sociais de Cervo.
A concelleira de Servizos Sociais agradeceu a colaboración desinteresada dos artistas participantes no festival e aproveitou para facer un chamamento aos cervenses para que colaboren “na medida da medida das súas posibilidades” con esta iniciativa “que ten por obxecto aportar o noso grao de area á xente de Haití e Chile que nestes momentos precisa de axuda”.
Os cartos recadados mediante esta cuestación popular serán doados á ONG Cáritas para que sexan destinados á axuda destes dous países.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



