Nota de Prensa
O PP afirma que ningún alcalde tén pedida a retirada do Plano de Ordenación do Litoral.
Os populares consideran que o alcalde “tén pobreza argumental e incapacidade para dialogar”.
Afirman que o alcalde entregoulles como “cadrante en vigor dos turnos da Policía Local, o do ano 2006”.
O PP lamentou hoxe a través dunha nota de prensa “a pobreza argumental e a incapacidade do alcalde para dialogar con outras administración e tamén para sacar adiante os problemas do concello”.
Os populares indicaron que ningún concello con alcaldes de PSOE ou do BNG tén solicitado a retirada do Plan de Ordenación do Litoral, POL, pola sinxela razón de que o documento é un avance que se está negociando precisamente cos concellos, que mesmo conta co respaldo da Federación Galega de Municipios e Provincias, e que nin tan siquera está na fase de alegacións. Os alcaldes de Ribadeo ou de Sada, que son do BNG, non teñen pedido a retirada do documento, nin o de Foz ou de Viveiro, do PSOE. Só o BNG está presentando esta solicitude naqueles concellos onde resulta que é oposición, argumentando que a afectación é superior. No caso de Burela, Nieves Cando minte, porque Burela quedaba moito máis afectada coa Lei dos cincocentos metros ca co POL. Solo un dato para ver realmente hasta chegaba a afectación dos cincocentos metros, de non terse aprobada a urbanización de Torrentes no seu día, prácticamente toda a superficie de cen mil metros cadrados que ocupa estaría afecada polos cincocentos metros, xa que quedaba libre solo unha pequena parte de terreo na zona coñecida como Pao da Cruz.
O alcalde toma todas estas cousas a broma, e non lles dá importancia. Pero cando remate a entrevista do venres en Santiago deberá explicar a todos os veciños se pediu alí tamén a retirada do documento, porque non lle queda outra postura.
E os problemas do día a día tampouco teñen solución; máis ben porque o alcalde nada fai por resolvelos, e por riba non se entera do que fai. Hai dous meses, o Grupo Municipal do PP pediu por escrito o cadrante de turnos da Policía Local para o presente ano 2010, e se nos remitiu o cadrante de… 2006, asinado por González Barcia como alcade e evidentemente con dous funcionarios menos. No pleno de Febreiro preguntóuselle se ese cadrante era o correcto, e dixo que sí, que era o que está en vigor. Eso é mentira, porque os cadrantes de turnos da policía fanse todos os anos e incorpóranse á Xunta de Persoal que estudia e aproba os posibles incrementos de soldos dos funcionarios con carácter previo á aprobación do presuposto municipal,e porque ademáis é de obrigado cumplimento o elaborar un cadrante para o ano que entra.
A resposta do alcalde só reflexa a súa incapacidade e descoñecemento absoluto de cómo funcina un concello: non sabe onde ten a man dereita. E xa leva tres anos no posto, co que debería facer algo máis ca limitarse a cobrar a fin de mes.
Finalmente, indicar que a mocion sobre o Servicio Galego de Igualdade presentada polo bipartito demostra hasta onde queren confrontar coa Xunta. O PP non admite leccions em matéria de igualdade, porque creamos o Centro de Informacion para a Muller de Burela, fumos os que puñemos em marcha actividades para fomentar a igualdade, e o que non pode facer a Xunta ´´e soster dous servicios, a Secretaria Xeral para a Igualdade, que depende directamente do Presidente, e o Servicio Galego de Igualdade.
Quen fomenta a desigualdade ´´e precisamente Nieves Cando, que promete axudas universais de corenta euros, sem importarlle canto ganan uns e canto ganan outros, e por riba leva a dia de hoxe non pagou ningunha, sete meses despois de anuncialas.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



