Alta porcentaxe de man de obra non cualificada, baixos niveis de formación, salarios pobres sobre todo no sector da restauración, un exceso de ciclos formativos, “xeralmente sen coordinación” entre eles, e falta de competitividade no sistema educativo español. Estas son algunhas das críticas que un estudio fai da situación profesional do turismo na actualidade, situación que e moi extrapolable a o norte galego.
O estudo é nun informe vinculado ao plan estratéxico de turismo que ten como obxectivo radiografiar o papel da profesionalidade, a ocupación, a formación e a calidade do servizo na actividade turística. Unha análise realizada por responsables de turismo e da formación de persoal en diversos ámbitos turísticos cun alto contido de autocrítica sobre a situación actual.
A análise pon en primeiro lugar de manifesto a alta porcentaxe de traballadores non cualificados, moitos deles inmigrantes que recorren a esta actividade como refuxio laboral, así como os baixos salarios e a falta dun sistema de incentivos salariais que estimulen a superación do traballador e a súa implicación por dar un servizo de calidade. “Os salarios non son moi altos e normalmente non compensan o esforzo e o custo de formarse, sen contar coa economía en negro sobre todo en combites e fins de semana”, conclúe a análise respecto da situación das condicións de traballo actuais no sector. Por iso, propón que se xeneralice un novo sistema retributivo que conxugue salarios con capacitación e produtividade, así como crear un certificado similar aos ISO que sinale as empresas e establecementos que apostan pola calidade e a profesionalidade do empregado.
A lista de deficiencias por liquidar céntrase tamén no papel dos empresarios. Aínda que recoñecen que existen certas estruturas profesionalizadas, sobre todo en hostalería “principalmente grupos empresariais da restauración con máis de catro ou cinco establecementos”, pon en cuestión aos empresarios do sector e a súa visión do negocio. O feito de que maioritariamente sexan empresarios autónomos ou empresas familiares, moitos sen formación específica, leva aos responsables da análise a concluír que “non consideran prioritario deseñar itinerarios co fin de modernizar a xestión dos seus negocios. Fai falta, xa que logo, en boa parte do sector, unha cultura empresarial moderna, que aposte pola profesionalización e a modernización”.
Aínda que a formación dos traballadores representa un factor crave, os expertos son críticos co panorama actual. Consideran que un dos principais problemas son a atomización e o exceso de oferta pero falta coordinación entre todos estes niveis formativos. Tamén cuestionan o baixo nivel sobre o coñecemento da lingua inglesa, unha constante sen resolver como mínimo nos últimos cinco anos.
O estudo conclúe cun aspecto que dependendo da súa lectura pode ser tan positivo como negativo. Positivo, porque os empresarios buscan aos mozos que se están formando para formar o seu persoal. Negativo, porque moitas veces non deixan que acaben o seu proceso de formación. O resultado: profesionais a medio formar non afeitos a altos niveis de esixencia e que por falta de persoal saen antes de tempo ao mercado laboral.
Otero Regal



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



