SANTIAGO .- A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia vén de licitar un total de 11 obras viarias por un importe de máis de 25 millóns de euros (25.523.242 euros) e que se desenvolverán nas provincias da Coruña e Lugo.
Estas actuacións teñen como finalidade impulsar e potenciar á conservación das infraestruturas que forman parte da rede de estradas da Comunidade galega.
Ademais, este tipo de actuacións forman parte dos proxectos e medidas do Goberno galego para fomentar a creación de emprego en Galicia, así como activar a actividade económica da Comunidade. Estas actuacións mobilizarán unha media de 450 empregos.
Por outro lado, o obxectivo destas actuacións é mellorar a seguridade vial dos usuarios destas estradas e facilitar unha condución segura e estable para os cidadáns. Neste senso, as obras consistirán na materialización de reforzos e rehabilitacións de firmes e de melloras de interseccións, co obxectivo de ordenar os tráficos e ademais de garantir unhas condicións de seguridade á hora de conducir. As obras teñen unha duración de entre 3 e 15 meses.
Na táboa seguinte indicanse as actuacións que se levarán a cabo:
|
Actuación
|
Importe
|
Duración
|
|
Provincia A Coruña
|
||
| Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 55+000 ao 69+000 |
3.779.903
|
12 meses
|
| Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 75+000 ao 88+600 |
3.271.469
|
12 meses
|
| Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 37+300 ao 50+000 |
3.090.063
|
12 meses
|
| Mellora de seguridade vial en Rodiño pq 4+040 ao 6+040 na AC-960 |
2.558.846
|
12 meses
|
| Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 32+100 ao 35+000 |
800.584
|
6 meses
|
|
Provincia Lugo
|
||
| Reforzo de firme das estradas LU-127 (variante de Rábade) e LU-541 Rábade (A-6)- Vilalba (N-634) |
3.293.161
|
12 meses
|
| Rehabilitación de firme e mellora de seguridade viaria na estrada LU-612 treito Lugo-Lousada |
2.220.769
|
6 meses
|
| Rehabilitación do firme e mellora da seguridade viaria na estrada LU-612 Ferreira do Valadouro- Cangas de Foz |
2.118.192
|
6 meses
|
| Mellora de seguridade vial na LU-533 no entorno do TCA (tramo de concentración de accidentes) treito pq 1+770 ao 12+200. Concellos de Chantada e Saviñao |
1.789.932
|
15 meses
|
| Reforzo de firme e mellora de interseccións na LU-861 treito: variante de Vilalba |
1.405.700
|
12 meses
|
| Dotación de beirarrúas e mellora do pavimento da estrada LU-152 por treitos. Concello de O Valadouro |
1.023.123
|
8 meses
|





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



