SANTIAGO .- ADEGA vén de solicitar información sobre os produtos químicos (pesticidas) que a Consellería do Medio Rural vai empregar para fumigar 5.000 hectáreas de carballos afectados pola “pulguiña dos carballos” (Altica quercetorum). Fronte ás declaracións dos responsábeis da Consellería do Medio Rural asegurando a “total inocuidade” destes pesticidas para as persoas e o ambiente, ADEGA lembra que un biocida nunca é inocuo e podería supoñer un risco para outras poboacións de insectos beneficiosos, como as abellas. A inicial negativa de Medio Rural a informar sobre a substancia usada para esta fumigación masiva e os seus posíbeis impactos levanta a sospeita sobre a toxicidade do composto utilizado, particularmente sobre a maltreita poboación de abellas en recesión nos últimos anos e moi sensíbel a químicos sistémicos como o fipronil e o imidacloprid e outros agrotóxicos. [pdf] Solicitude ALTICA QUERCETORUM (117 Kb)
A fumigación non selectiva do Altica quercetorum mediante camións fumigadores é unha prática de risco que podería ocasionar danos na agricultura, contaminar os solos, eliminar as abellas e outros insectos polinizadores (estamos na época da polinización de numerosos cultivos) e mesmo podería supor problemas de saúde para as persoas se estas actividades non se realizan de xeito responsábel e coidadoso. Alén disto, outros escasos insectos das carballeiras, como os tamén coleópteros Lucanus cervus (vacaloura), Melolonta melolonta (sanxoán) e algúns raros carábidos e cerambícidos, poderian verse afectados polas substancias químicas inhibidoras da síntese da queratina, habitualmente usadas nestes casos.
ADEGA rexeita a utilización masiva e sistemática de productos químicos para combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies do ecosistema.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



