Nesta sociedade nosa, tan tecnificada, dominada pola cultura televisiva e demais formas de comunicación, termos como “agresión”, “violencia”, “vandalismo” e sinónimos acadaron significada preponderancia que sen dúbida responde á realidade social que se manifesta nos aspectos da vida cotidiana: dende o ámbito familar, mais privado, ata os espacios da convivencia colectiva, os lugares de lecer, e mesmo non se libran deste maltrato o patrimonio natural e o cultural, a paisaxe nen os pousos da historia e as obras de arte, moitas delas singulares, únicas, que herdamos dos nosos devanceiros, agresións moitas veces consumadas por institucións que teñen a obriga de ser gardiáns da integridade, defensa e conservación das mesmas e do seu entorno. En Foz temos exemplo claro de semellantes tropelías: pretiño da basílica de San Martiño hai algún tempo foron construídos uns servicios hixiénicos que son mostra patética da contundente barbarie, ó pé mesmo da basílica, unha xoia da historia e da arte, en cuios valores non vamo incidir, por coñecidos de todos. Lembremos si acaso que foi declarada Munumento Nacional hai 75 anos. No seu día os veciños do lugar alzaron a voz rexeitando tal disparate, e mesmo presentaron ós gobernantes o anteproxecto dunha alternativa racional: en mellor ubicación e total respeto ás vellas pedras monumentais. Pero o que manda non roga e as cousas quedaron como están, para escándalo de estranos e vergoña de propios. E unha nova ameaza pende sobre aquel cenobio: trátase do trazado da autovía que polas obras do corredor cruzará aquela parroquia; cuio primeiro proxecto, que masacraba paraxes tan carismáticos como O Carme e Bispo Santo, foi rexeitado por distintos estamentos sociais. Días pasados os xornais daban conta de que Fomento – responsable das obras- se comprometía a respetar a basílica e o seu impacto, e que mantén contactos con Patrimonio, actitude ésta que nos parece coherente, pero que non garante nada, porque os retretes de San Martiño foron construídos co “placet” e visto bó do devandito organismo. Pidamos, pois, que “Deus nos pille confesados”.
















No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller. Participaron xunto a Carmela López outras mulleres de referencia na Mariña, como as alcaldesas de Alfoz, Barreiros e Lourenzá, Efigenia Maseda, Ana Ermida e Rocío López; as concelleiras de Foz e Ribadeo Inés López e Begoña Sanjurjo; a Presidenta da Sucadoira, Ana Díaz; a directora do IES de Ribadeo, María Ron; ou a xornalista responsable de Faro Norte, Carmen Cruzado. Completaron o coloquio unha responsable da banca, diferentes empresarias, unha inmigrante traballadora, unha emigrante xubilada e unha docente.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.
Ao acto de entrega asistiron o presidente da entidade, Jose Amador Fernández Pérez; a psicóloga e coordinadora da asociación, Ana Solloso Tiagonce; a coordinadora do Espazo +60 de Viveiro, Cristina Goas; e as voluntarias do obradoiro, Dolores Fernández López, Edelmira Paz Pernas, Rosario Sánchez Travieso, Rosario Fernández Castro, Dolores Franco Sánchez, Isabel Rama Lema, Margareth Gait e Maribel Sousa Fernández.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



