LUGO .- A Deputación porá en marcha o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, dotado de máis dun millón de euros, cofinanciado nun setenta por cen con fondos FEDER, e nun trinta por cen polo INLUDES, co obxetivo de garantir ós Concellos e ó organismo provincial os mecanismos necesarios para acceder á Rede
Nota de Prensa
A Deputación investirá máis dun millón de euros na ampliación da banda ancha na provincia
– Este novo concurso, que se inclúe dentro do Innova-TE, garante ós Concellos o acceso a Internet, e supera a fenda dixital
– O investimento súmase e complementa os 7 millóns de euros recentemente adxudicados para a implantación da e-administración en Lugo
– A Deputación organiza unha xornada informativa o vindeiro 20 de abril no Pazo de San Marcos para dar conta a todos os interesados do contido do novo concurso
A Deputación porá en marcha o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, dotado de máis dun millón de euros, cofinanciado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% polo INLUDES, co obxetivo de garantir ós Concellos e ó organismo provincial os mecanismos necesarios para acceder á Rede. Trátase dunha actuación que se suma e complementa o concurso anteriormente adxudicato dentro do programa Innova-TE, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego con 7 millóns de euros.
A iniciativa facilitará o acceso a unha ampla gama de recursos, servizos, e produtos, para mellorar a eficiencia das administracións locais, a interacción cos cidadáns, e a seguridade nas infraestruturas dos Concellos da provincia.
Deste xeito, o organismo provincial celebrará o vindeiro martes 20 de abril, no Pazo de San Marcos, ás 12:00 horas, unha xornada informativa para dar conta do contido deste concuro ás empresas interesadas. Para elo, deberan confirmar a súa asistencia antes das 14:00 horas do luns 19 de abril, enviando ó correo electrónico innovate@deputacionlugo.org, os seguintes datos: nome ou razón social da empresa participante; nome, apelido, e DNI dos representantes que acudirán.
A Deputación aclara que a asistencia á xornada informativa non é requisito para a presentación de propostas unha vez que se poña en marcha o concurso, nin suporá vantaxe ou mérito sobre os restantes licitadores.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



