Fai unhos días Balseiro mandaba a prensa unha carta na que se felicitaba por que os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 xa dispoñen dunha dobre tripulación, polo tanto, contan co persoal necesario para atender unha chamada de auxilio ás 24 horas do día, os 365 días do ano, reducíndose ademais o tempo de resposta ante calquera emerxencia tan só a 10 minutos.
Na mencionada carta Balseiro recordaba as múltiples iniciativas de impulso promovidas desde o Grupo Popular, e por él mesmo, reclamando un aumento da operatividade dos helicópteros de Gardacostas.
Por último recordaba que desafortudamente esto non significa que as mortes e os sinistros marítimos vaian a desaparecer, como sería desexable, pero si que agora existirá un sistema de resposta inmediata moito máis eficaz. Salvar unha vida non ten prezo, algo que tivemos moi claro sempre, desde o Partido Popular.
Pois ben. A raíz desta carta, nos, os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, queremos felicitalo por esta noticia que e moi boa para todos os nosos mariñeiros. Pero tamén queremos que se aplique o conto e que cumpra os compromisos que ten con as urxencias médicas de Foz. Así lle recordamos:
* Tamén no caso das urxencias médicas de Foz tanto vostede, señor Balseiro, como o PP presentaron múltiples iniciativas no Parlamento Galego.
* As urxencias médicas as 24 horas os 365 días do ano tamén suporán unha resposta mais rápida ante unha urxencia como no caso dos helicópteros. E aínda que isto non supoña que desaparezan as desgrazas, todos sabemos que a rapidez de actuación e vital en algúns casos.
* Por último temos que dicirlle que aínda que os helicópteros teñan unha tripulación as 24 horas os 365 días do ano, por sorte, o longo do ano van facer moi poucas saídas. Mentres que no caso das urxencias medicas de Foz, un servizo de urxencias médicas 24 horas o día, suporía un montón de atencións a pacientes. O que ademais da rapidez de actuación, axudaría a desconxestionar o PAC de Burela.



















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



