BURELA (FNC) .- O auditorio da Casa da Cultura será escenario o vindeiro sábado 24 de abril do concerto Tocando novos estilos, que ofrecerán as Escolas de Música de Silleda e de Burela e Estudio Escola de Santiago.
A concelleira de Educación sinala que “este concerto forma parte dunha serie de intercambios entre o alumnado das escolas de música de Silleda, Burela e Estudio Escola de Santiago de Compostela. O encontro musical de Burela leva por título Tocando novos estilos e ven ser o último encontro dunha serie de tres que daban comezo o pasado mes decembro, cando rapaces e rapazas de Burela participaban no festival de Nadal de Estudio Escola en Santiago de Compostela, concerto que tiña lugar na aula sociocultural de Caixa Galicia. Tras o concerto de Silleda, que tivo lugar o pasado 20 de marzo, os tres centros musicais voltarán encontrarse en Burela o próximo sábado 24 de abril, día no que se vai pechar un fin de semana dedicado ao jazz que terá o seu preludio maña venres 23 de abril co concerto da Burela Blues Band coincidindo co seu quinto aniversario”.
Lucía Bouza explica que “estes encontros queren dar a coñecer estilos musicais como o jazz ou o que se deu en chamar de forma xenérica músicas modernas, onde se incluirían estilos como o latin, o funk, o swing, a bossa nova, o pop, etc. Quérese deste xeito, ofrecer aos rapaces que habitualmente receben unha formación clásica nas escolas de música e conservatorios, a posibilidade de tocar novos estilos musicais e que podan ter unha visión máis ampla do fenómeno musical. Os concertos foron coordinados por Rafael Agulló, director da Banda de Música de Silleda, José Nine, profesor de saxofón e combo e director da Orquestra Xuvenil de Estudio Escola e por Israel Arranz e Roberto Bouça, directores da Burela Blues Band e da Banda de Música de Burela respectivamente e coordinadores dos seminarios de jazz e música moderna que organiza a Escola de Música Municipal de Burela no mes de xullo”.
A edil socialista engade que “con este tipo de concertos centrados no jazz, pretende darse continuidade durante o ano ao traballo que realizan os rapaces durante toda unha semana de verán no Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. Todos os concertos están dirixidos por José Nine, especialista en jazz e músicas modernas e profesor habitual nos seminarios de jazz de Burela. Quero convidar a toda a xente da nosa vila a que acuda a disfrutar desta cita musical que teremos o sábado”.
Concertos didácticos
Lucía Bouza lembra que “mañá venres 23 de abril haberá concertos didácticos para alumnos dos colexios Vista Alegre, Virxe do Carme e da gardería. Véñense facendo desde a Escola hai moitos anos para dar a coñecer diferentes instrumentos e a música clásica aos alumnos destes centros”.
Os concertos darán comezo ás 10 da mañá no colexio Vista Alegre, onde se farán dous pases; ás 11 o concerto cun único pase será na gardería e ás 12 rematarán no colexio Virxe do Carme con dous pases. A concelleira de Educación manifesta que “o programa está composto por obras do barroco, vánse tocas pezas de Bach, Teleman e Pachelbel”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



