RIBADEO (FNC) .- O presidente de ACISA/CCA de Ribadeo, Gervasio Cao, fixo hoxe balance dos 11 anos que leva no cargo e que nuns días deixará. Dixo que “foi unha decisión moi meditada e difícil” e lembrou “o sacrificio e as horas de dedicación a ACISA e ao CCA durante todos estes anos. Tentei facelo sempre da mellor forma posible e aproveito para pedir desculpas por si a alguén lle puiden causar algún dano neste tempo”.
Cao lembrou algunhas das decisións que debeu adoptar ao longo deste tempo, “a máis complicada foi a de amosar o noso total rexeitamento a instalar as nosas tendas, as tendas dos nosos asociados, no Eroski en Vilar. Son dúas formas de entender o comercio que pensamos que non son compatibles e nalgún caso quedou demostrado que estas áreas supuxeron o desmantelamento do tecido industrial naquelas vilas nas que se implantaron”. Outra das decisións ás que fixo alusión foi á creación do Centro Comercial Aberto de Ribadeo que “está totalmente consolidado e que supuxo a humanización dun entorno estratéxico para a nosa vila”.
O presidente de ACISA/CCA sinalou que “en moitos momentos se sentiu frustrado pola falla de implicación dos políticos en todo este proxecto e polas actitudes frívolas dos sucesivos gobernos diante do desarrollo dun pobo”. Gervasio Cao manifestou que “aínda estamos sin PXOM, sin PEPRI e sin saber que pasará con ese aparcamento que tanto necesitamos en Ribadeo”. Tamén aludiu ao porto e asegurou que “Ence está perdida para Ribadeo, porque apostou por outra solución que lle garantiza a entrada de madeira para cubrir as súas necesidades en caso de que a oferta galega non lle sexa suficiente”. O presidente dos comerciantes falou do polígono industrial, “outro exemplo máis dos devaneos políticos, un parque empresarial que ten un grao de éxito bastante limitado a estas alturas pola situación económica que se está a vivir”.
Gervasio Cao tamén se referiu no seu balance á praia das Catedrais “non se pode andar a medias tintas, hai unha falla de información tremenda sobre este areal e moitísima xente se marcha sen coñecer a súa verdadeira dimensión… Toda esta sucesión de cousas que veño de enumerar o que supoñen é un lastre para que Ribadeo acade as cotas de desenvolvemento que lle corresponden e que historicamente sempre tivo tanto na Mariña de Lugo como no Occidente asturiano”. O presidente de ACISA/CCA tamén criticou “aos que deixaron lista unha ordenanza para meter en cintura aos hostaleiros e agora desde a oposición pretenden o contrario e que o subdelegado do Goberno dea carta libre para que cada un abra e peche cando lle dea a gana”.
Cao insistiu na necesidade de que “Ribadeo conte con PXOM e co PEPRI e pediulle a José Carlos Rodríguez Andina que traballe nesa liña para conseguilo, é unha persoa con experiencia e debería desde a oposición traballar nesta liña e tentar acabar con ese intercambio de cromos no que están inmersos o actual alcalde cos voceiros do PSOE e de UPRI no tema das alegacións… tú me das aquí, yo te doy allí… levamos tres anos intercambiando cromos, hai que acabar con esto e a persoa que penso que podería aportar algo é agora mesmo José Carlos Rodríguez Andina, non por cargo, senón que pola súa experiencia podería desbloquear ou desatascar esta situación. Sería bó que se intente dar solución ao problema do aparcamento que é un compromiso firme dos partidos que estaban no Concello e que se fai moi necesario”.
Tamén tivo palabras de lembranza para Andrés Tojal que “traballou comigo ata hai dous anos e quero ter para el un recordo especial”. Gervasio Cao anunciou que o vindeiro 30 de abril Tojal será recoñecido como autónomo de honor polo traballo desenvolvido ao longo da súa vida profesional e como autónomo do ano foi elexido Juan Edrosa, “un xoven que está a facer cousas interesantes en Ribadeo en diferentes ámbitos”.
Finalmente Cao animou aos comerciantes a seguiren unidos porque “só con unión se superan os momentos difíciles e tamén coa implicación de todos”. Ofrecéulle a súa colaboración á nova directiva e desexóulle moitos éxitos.





















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



