SANTIAGO .- A directiva de ADEGA mantiveron unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para trasladarlle a postura da asociación sobre os asuntos de actualidade relacionados coas súas competencias. Entre os temas tratados abordados falaron do tema “do Convenio de Barreiros que o Consello da Xunta viña de informar favorabelmente esa mesma mañá. A este respecto, ADEGA deixoulle ben claro ao Conselleiro que a palmaria ilegalidade destas licenzas constitúe unha fronteira que non se pode traspasar impunemente, e que en ADEGA trataremos de defender a legalidade por todos os medios ao noso alcanzo. A este respecto, lembrámoslle a decisión de persoármonos na denuncia da Fiscalía contra do Alcalde de Barreiros e avanzámoslle que estamos a estudar novas accións no caso de que o dito convenio urbanístico sexa finalmente aprobado”.
NOTA DE PRENSA
ADEGA NON QUERE XUDICIALIZAR A PROTECCIÓN DO AMBIENTE E DO TERRITORIO, MAIS HAI LIÑAS VERMELLAS QUE NON PODEN SER CRUZADAS
Se as administracións pretenden burlar a lexislación ambiental e urbanística, terán que render contas perante e xustiza
Compostela, 10 de abril de 2010. Este xoves 8, membros da Directiva de ADEGA mantiveron unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para trasladarlle a postura da asociación sobre os asuntos de actualidade relacionados coas súas competencias.
A Lei do Solo e a súa modificación foi o motivo principal dunha xuntanza (solicitada antes da aprobación parlamentaria) na que ADEGA manifestoulle o seu total desacordo cos contidos e tramitación da norma e por non ter completado a previa aprobación das DOT (Directrices de Ordenamento do Territorio), iniciada na lexislatura anterior. En opinión de ADEGA, a modificación recentemente aprobada alén de involucionista, carece de xustificación nas actuais circunstancias (baixa presión urbanística) e lembrámoslle que se os concellos adataran e desenvolveran os seus PXOMS conforme á vixente Lei 9/2002, poderían desenvolverse harmónicamente os núcleos rurais sen necesidade de habilitar máis categorías de solo e desprotexer o chan rústico.
O Sr. Hernández recordou, respecto á vixente Lei do Solo, o compromiso da Consellería de empezar pronto os traballos para elaborar unha nova norma co máximo consenso posible e que, no marco deste proceso, o seu departamento tiña a vontade de contar coa opinión e achegas de todas as partes, especialmente de ADEGA. Chegado o momento, tomarémoslle a palabra.
Á proposta de ADEGA de tramitar e aprobar as DOT previamente a calquera modificación ou Plano Sectorial, o Conselleiro anunciou que tanto as Directrices como o Plano de Ordenamento do Litoral (POL) terían unha tramitación paralela. En relación ao POL, concordamos en que é dun documento moi complexo que compre tramitar con todas as cautelas posibles, mais para ADEGA debería prevalecer claramente a necesidade de conservar os valores ambientais, paisaxísticos e sociais deste sensíbel e ameazado territorio.
Neste senso, e vistas as dificultades e numerosas incidencias acontecidas no trámite de audiencia aos concellos, lembrámoslle a necesidade de prorrogar as medidas cautelares en tanto o POL non estea definitivamente aprobado. Para ADEGA non estaría xustificado o levantamento da moratoria urbanística durante a tramitación dunha norma complexa e con numerosas lagoas. Os eventuais levantamentos parciais, alén de discutíbeis (só 4 concellos costeiros teñen aínda adatados os seus PXOMS á Lei do Solo) crean ademais unha sensación de favoritismo e discrecionalidade, fonte de potenciais agravios comparativos, inxustizas e inseguridade xurídica.
No que respecta ás infraestruturas ADEGA trasladoulle ao Sr. Hernández a tradicional reivindicación sobre a promoción e recuperación dos camiños de ferro. Nisto, o conselleiro amosouse plenamente coincidente, manifestando a intención do seu departamento de constituir un Ente Ferroviario Galego, e pedir o traspaso a Galiza das competencias sobre as vías galegas, comezando por aquelas que poidan ficar fóra de uso ou devaluadas. Dende ADEGA, indicámoslle que sen dúbida, faremos valer este compromiso.
Convenio de Barreiros:
Inevitábelmente, xurdiu tamén o tema do Convenio de Barreiros que o Consello da Xunta viña de informar favorábelmente esa mesma mañá. A este respecto, ADEGA deixoulle ben claro ao Conselleiro que a palmaria ilegalidade destas licenzas constitúe unha fronteira que non se pode traspasar impunemente, e que en ADEGA trataremos de defender a legalidade por todos os medios ao noso alcanzo. A este respecto, lembrámoslle a decisión de persoármonos na denuncia da Fiscalía contra do Alcalde de Barreiros e avanzámoslle que estamos a estudar novas accións no caso de que o dito convenio urbanístico sexa finalmente aprobado.
Para ADEGA, a mesma existencia deste convenio é a demostración evidente da ilegalidade das licenzas outorgadas polo alcalde de Barreiros, por canto o solo non cumpría no seu momento (nen cumpre hoxe) ningúns dos requirimentos para ser cualificado como solo urbano consolidado. A súa sinatura por parte das administracións implicadas supón un uso fraudulento dos recursos públicos e un escandaloso agravio comparativo para os concellos e promotores que actúan dentro da legalidade.
Dende ADEGA, animamos á cidadanía, concellos e colectivos sociais, a denunciar esta e outras falcatruadas urbanísticas e ambientais e a constiuirse como última liña de defensa do noso territorio, vista a deixación de funcións da administración de consumarse a súa intención de aliñarse coa ilegalidade.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



