Nota de Prensa
As familias verán como a inmensa maioría dos produtos se encarecen e se reduce o seu poder adquisitivo, efectos especialmente negativos para os máis mozos
NOVAS XERACIÓNS DE RIBADEO CUALIFICA DE “TOMADURA DE PELO” A SUBA DO IVE PREVISTA POLO GOBERNO SOCIALISTA DA ZAPATERO
* Alertan tamén sobre a elevada taxa de paro xuvenil, que en España é máis do dobre que a media europea.
Lugo, 16 de abril de 2009.- A agrupación local das Novas Xeracións do Partido Popular de Ribadeo vén de cualificar no día de hoxe como unha “nova tomadura de pelo” a proposta do goberno socialista de subir o IVE no mes de xuño deste ano 2010. As mozas e mozos populares consideran que esta decisión prexudicará aínda máis á xa de por si delicada situación económica de moitas familias que o están a pasar mal e que van a ver como a inmensa maioría dos produtos se encarecen, mentres que o seu poder adquisitivo, os seus soldos ou prestacións, se reduce.
Segundo as Novas Xeracións a proxectada suba de impostos esta a ser un novo síntoma de que o Goberno socialista de España carece totalmente de coherencia e sentido común a hora de afrontar esta crise e que ademais, as súas medidas se ceban especialmente cos menos favorecidos, entre os que están moitas mozas e mozos galegos.
NX de Ribadeo amosa tamén a súa fonda preocupación pola alta taxa de para xuvenil que en España supera xa o 40% no 2010, máis do dobre a UE, así como tamén alerta ante o feito de que moitos destas mozas e mozos parados non reciben ningunha prestación.
Finalmente os máis novos do PP de Ribadeo amosan a súa total conformidade coa moción presentada nos concellos e no Senado polo PP para frear a subida do IVE que pretende impoñer o PSOE.























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



