LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, desprazáronse este xoves a Riotorto para supervisar os traballos que as máquinas do Parque Móbil do organismo provincial están a executar en varias estradas municipais da zona.
A Deputación trasladou a Riotorto un equipo de rego, composto por 2 camións e 1 pisonadora, para levar a cabo os traballos de asfaltado de máis de 4 quilómetros dos viais de Ferrreiravella pola Igrexa á Granxa, da Pía, e Riotorto a A Cabana, en A Pontenova. Deste xeito, o organismo provincial acomete actuacións por valor de 80.000 euros, e aforra cartos a este municipio ó asumir os custes que suporía a contratación deste servizo.
Gómez Besteiro salientou que se trata dunha iniciativa que se enmarca dentro da aposta pola cooperación máxima cos Concellos. Neste senso, lembrou que a Deputación incrementou en máis dun 20%, con respecto ó ano pasado, o orzamento adicado ó Parque Móbil para 2010, superando ós 3.200.000 euros, é dicir, uns 600.000 euros, para adquirir nova maquinaria.
As máquinas do organismo provincial traballan durante todo o ano nos distintos Concellos da provincia levando a cabo actuacións de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, de escombreiras, de bordes de terrapléns, ou cortes de taudes, así como tarefas de mantemento de pistas, nas estradas de titularidade municipal.
Visita oficial
O titular do organismo provincial e a responsable da área de Promoción Económica e de Emprego aproveitaron a viaxe a Riotorto para manter un encontro co Alcalde deste municipio, Federico Gutiérrez, e atender as súas demandas: o arranxo do vial que une Riotorto e o Marco de Álvare, e a dinamización turística da zona.
Neste senso, o Presidente anunciou que “a Deputación está xa expropiando os terreos, un proceso nos que investimos 1.000.000 euros, para comezar, logo do verán, as obras de mellora nesta estrada e así poñer fin a deuda histórica que mantiña a Deputación con este Concello”. Pola súa banda, o rexedor popular agradeceu ó Presidente esta actuación “que viñan reclamando os veciños de Riotorto dende hai 20 anos”.
Da mesma forma, acudiron a Ferreiravella onde asistiron a unha demostración do labor artesanal dos ferreiros, unha tradición moi arraigada nesta zona. Precisamente, o organismo provincial, mediante Km0.Deputación de Lugo, organiza visitas guiadas a esta localidade para dar a coñecer o traballo destes artesáns. Trátase dunha ruta que foi incluída no programa medioambiental logo das xestións da Vicepresidenta Segunda, e coa que a Deputación achegou 150 persoas a Ferreiravella logrando potenciar este sector, e o turismo da zona.
A continuación, a Comitiva trasladouse a Nave dos Labregos de Riotorto, unhas instalacións onde se almacenan e distribúen produtos elaborados por unha sociedade de agricultores da provincia. O Presidente interesouse por coñecer a actividade dos membros deste colectivo a quenes lles explicou que o organismo provincial aposta por impulsar e potenciar estes alimentos mediante a campaña de promoción Lugo-Sabe.
A visita rematou no colexio de Riotorto onde Gómez Besteiro adiantou que a Deputación investirá 12.000 euros para equipar o parque infantil.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



